Site icon Crónica3.com A Mariña

O presidente provincial do PP di que cobra unicamente como senador e as dietas estipuladas, tanto no Concello como na Deputación

Nota de prensa

José Manuel Barreiro cobra únicamente como senador

Lugo, a 20 de maio de 2011.- Ante as informacións “anónimas” que circularon recentemente por Lugo, probablemente promovidas por algún partido político, o presidente do Partido Popular de Lugo José Manuel Barreiro aclara que o único salario que cobra como represente político é o derivado do seu cargo de senador, que é idéntico para todos os senadores, independentemente do grupo político ó que pertenzan.

Non ten e non percibe, por tanto, ningunha adicación nin como edil do Concello de Lugo nin como deputado provincial, agás as dietas estipuladas, tanto no Concello como na Deputación, por asistencia ós plenos. Circunstancias das que dá fe o rexistro de intereses de actividades do propio Senado.

A veracidade do indicado pódense constatar na web oficial do Senado e, en calquera caso, o sueldo recibido é inferior á cantidade indicada no mencionado “anónimo”.

Exit mobile version