Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE quere para Cervo un modelo de xestión de oportunidades e non de esmolas, de traballo diario e non preelectoral

Nota de prensa

O MODELO DE XESTIÓN QUE QUEREMOS PARA CERVO É O DAS OPORTUNIDADES EN LUGAR DAS LIMOSNAS, PERO TAMÉN O DO TRABALLO DIARIO E NON O DE TRABALLAR ANTES DAS ELECCIÓNS
AS CRÍTICAS DO PP DE CERVO AOS CARGOS DO PSOE QUE VISITAN O NOSO CONCELLO FORMAN PARTE DA TRADICIÓN, COMA O TURRÓN EN NADAL

CERVO, 13 DE MAIO

Coma xa ven sendo habitual todos os anos, o PP de Cervo, volve a criticar aos cargos do PSOE que visitan o noso concello, e neste caso tocoulle ao vicepresidente do goberno Manuel Chaves, que arropará xunto co presidente da Deputación de Lugo á Agrupación Socialista de Cervo na XII edición da súa Xuntanza anual.

Non deixa de sorprender que nesta ocasión, os populares de Cervo se preocupen en saber cal é o modelo de xestión que os socialistas queremos levar a cabo no noso concello, xusto no momento no que estamos a explicarlle á cidadanía o noso programa de goberno.

Dende logo, e para que no PP estén tranquilos, o noso modelo de xestión non pasa por facer o mesmo que os populares de Cervo, nin tampouco por xestionar o concello coma Baltar xestiona a Deputación de Ourense.

O modelo de xestión do PSOE de Cervo

O noso modelo de xestión será o das oportunidades, en lugar das limosnas; o das solucións en lugar dos anuncios; será un modelo de traballo diario, en lugar de traballar os días previos as eleccións; o de a liberdade en lugar das ameazas, pero sobre todo non será o modelo de Marbella nin o da deputación de Ourense ou Castellón, entre outras cousas, porque temos que buscar o modelo de Cervo, que é onde vivimos.

Un modelo de xestión que non “anime” aos traballadores temporais do concello a acudir aos actos públicos do PP para lograr aforo, pero sobre todo e non menos importante, será un modelo de xestión no que os traballadores municipais non sexan exclavos do goberno de turno, senon persoas que se adiquen a xestionar de forma eficiente e eficaz os recursos municipais que son de todos.

Exit mobile version