Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Foz esixe explicacións á delegada provincial da Xunta sobre a distribución de recursos do plan de cooperación

Nota de prensa

O ALCALDE DE FOZ ESÍXELLE Á DELEGADA PROVINCIAL QUE EXPLIQUE EN QUÉ SE BASA Á HORA DE DISTRIBUIR OS RECURSOS DO PLAN DE COOPERACIÓN ENTRE OS CONCELLOS

-O socialista non entende “por qué a Cervo, tendo 5.000 habitantes menos que Foz, se lle conceden 28 prazas máis”

O alcalde de Foz, José María García Rivera, esíxelle á delegada da Xunta de Galicia na provincia de Lugo, á señora Raquel Arias, que “nos explique en que se basa á hora de repartir os recursos do Plan de Cooperación entre os municipios da provincia. Cómo é posible que Foz reciba tan só subvención para a contratación de 18 traballadores e ó alcalde veciño de Cervo se lle concedan 34 postos de traballo ademais dos 12 traballadores correspondentes ó GRUMIR, sendo un municipio que conta con 5.000 habitantes menos que Foz. Suman un total de 28 prazas menos sen xustificación algunha”.

García Rivera sinalou que “a esta delegada había que demandala ante a Xustiza, pois é unha discriminadora en toda regra. Merece a calificación máis dura que poida haber. Non entendo os seus principios á hora de distribuir o diñeiro deste plan que en definitiva, provén do Fondo Social Europeo. Nin creo que a discriminación entre uns municipios e outros estea entre os requisitos que se lle esixen dende Europa”.

O socialista engadiu que “esta señora débelle unha explicación ós veciños pola súa maneira de actuar. É unha inxustiza o que está facendo ou é que para ela existen veciños de primeira e de segunda”.

Exit mobile version