Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de O Valadouro amosa perplexidade ante o anuncio da inminente presentación do polígono industrial en Alfoz

Nota de prensa

PSdeG – Psoe de O Valadouro
Mostrar a nosa perplexidade ante as declaracións do señor
alcalde de Alfoz anunciando a inminente presentación a través de
Xestur do polígono industrial en Alfoz, confirmándose así o que
tantas veces denunciamos. Mentres por unha banda se presentaba
recurso o proxecto común Valadouro-Alfoz co animo de paralizalo
po lo simple feito que a primeira fase executábase en Ferreira, e a o
mesmo tempo facíanse os tramites para iniciar esta primeira fase en
Alfoz. “Vaia socios tiñamos neste negocio”.
Gustaríanos saber cal e a opinión acerca de este feito do
candidato do PP o señor Lamela, si pensa facer algo a o respecto o
vai a permitir que se rían de nos a cara unha vez mais. Por non
advertilo non será. E de paso non estaría de mais que nos explicara
por que razón teñen o P.X.O.U.M. gardado nun caixón ¿porque non
o expoñen a o publico? ¿ que teñen que esconder? ¿e da escola
infantil? ¿que opinión lle merece que o que aquí tivemos que pagar
con fondos do concello, en Alfoz a financie a Xunta na súa
totalidade? Esperamos a súa resposta

Exit mobile version