Nota de prensa
O Centro de Innovación Social ofrece unha xornada divulgativa sobre os coidados a dependentes
– Unha quincena de persoas, entre traballadores sociais e representantes de asociacións, participaron na actividade, que consistiu nunha conferencia e unha demostración sobre distintas axudas técnicas ó alcance dos coidadores
– In Lugo ten en marcha esta semana cursos sobre como crear un blog, o manexo de Open Office, fotografía dixital, “Lembranza Fotográfica” e uso do móbil
– O centro creado pola Deputación ten lista a programación de actividades para o mes de xuño, que inclúe 14 cursos, gratuítos e dirixidos a tódalas idades
In Lugo, un servizo pioneiro no Noroeste español creado pola Deputación de Lugo, ten por outra banda en marcha esta semana cinco cursos: sobre o manexo de Open Office, sobre como crear un blog e de “Lembranza Fotográfica” (consistente na creación dun blog con fotos antigas e actuais), os tres impartidos entre o luns e hoxe; de fotografía dixital, que comezou o luns e continuará hasta o 3 de xuño, entre as 12:00 e as 14:00 horas; e sobre o uso do teléfono móbil, que terá lugar mañá venres, de 16:00 a 18:00 horas. A próxima semana, entre os días 30 e 31, de 16:00 a 18:00 horas, impartirase outro obradoiro sobre o manexo do correo electrónico e os buscadores de Internet.
O centro tamén ten preparado xa a programación de actividades do mes de xuño, que inclúe 14 cursos, gratuítos e dirixidos a tódolos públicos. Entre eles, figuran un sobre o DNI Electrónico, a chave que deben utilizar os usuarios para acceder á Administración Electrónica; dous de iniciación á informática; un acerca do correo electrónico e os buscadores de internet; un de redes sociais; un de xestión de arquivos; dous sobre o manexo do móbil; un de creación de blogs; un de fotografía réflex; dous sobre o programa informático Open Office; un de busca activa de emprego, e un de seguridade en internet.
As persoas que estean interesadas en participar nos obradoiros do Centro de Innovación Social (CIS) poden informarse ou inscribirse nas súas instalacións, en horario de 9:00 a 21:00 horas, de luns a venres; os sábados, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00, e os domingos, entre as 10:00 e as 14:00 horas; entrando na súa páxina web (www.inlugo.deputacionlugo.org) ou ben enviando un correo electrónico a inlugo@deputacionlugo.org
Formación on line
Ademais da modalidade presencial, existe a posibilidade de facer cursos on line, de diversas temáticas, como alfabetización informática, imaxe e son, iniciación ó deporte, Internet, orientación sociolaboral, ofimática e redes sociais, entre outros. Para poder participar, é necesario darse de alta como usuario da aula virtual, entrando na web www.inlugo.deputacionlugo.org descargar un formulario de inscrición, cubrilo e envialo á dirección de correo electrónico inlugo@deputacionlugo.org O usuario recibirá despois outro e-mail coas claves de acceso para cada curso solicitado.
Tódalas actividades, presenciais e on line, son gratuítas, pensadas para tódolos públicos, e están encamiñadas a achegar as novas tecnoloxías á poboación, sobre todo ós colectivos máis desfavorecidos, contribuíndo a eliminar a fenda dixital na sociedade lucense, favorecer o envellecemento activo e eliminar o illamento dos veciños da provincia.