Site icon Crónica3.com A Mariña

O delegado de A Mariña-El Progreso falou da relación entre os medios e os clubs nas xornadas do Burela FS

Nota de prensa:
PABLO YÁÑEZ: ‘ENTRE OS CLUBS E OS MEDIOS DEBE REINAR UN RESPECTO MUTUO’

O delegado de A Mariña-El Progreso, Pablo Yáñez, foi o encargado de inaugurar as III Xornadas Formativas Burela FS, onte no IES Monte Castelo, abordando a relación entre os medios de comunicación e os clubs profesionais. O xornalista fixo especial fincapé “no respecto mutuo e na relevancia dos gabinetes de prensa nas entidades deportivas como facilitadores e canalizadores informativos”.

Pablo Yáñez explicou a súa experiencia como xefe de prensa do CB Estudiantes, así como a súa tarefa de redactor deportivo en diferentes medios e a relación con clubs, técnicos e xogadores. O relatorio do delegado de A Mariña-El Progreso espertou un notable interese, que se reflectiu na animada rolda de preguntas dos numerosos asistentes.

O IES Monte Castelo acollerá a próxima charla do ciclo o xoves 12, ás 17.30 horas, a cargo do catedrático de Dereito do Traballo e Seguridade Social Jesús Martínez, o profesor de Dereito do Traballo e Seguridade Social, Alberto Arufe e o profesor de Dereito Sindical Iván Vizcaíno.

Xoves 12 de maio

“As relacións laborais no fútbol sala”

Relatores: Jesús Martínez, catedrático de Dereito do Traballo e Seguridade Social; Alberto Arufe, profesor de Dereito do Traballo e Seguridade Social; e Iván Vizcaíno, profesor de Dereito Sindical (Universidade da Coruña)

Xoves 19 de maio

“A vendaxe funcional: aplicación básica na escordadura de nocello”

Relator: Fiz Fernández, fisioterapeuta do Durán Maquinaria Ensino CB

Xoves 26 de maio

“Modelo e xestión dunha fundación deportiva e un club de alto rendemento”

Relator: Óscar Hermida, xerente do Azkar Lugo FS 05-11 e Fundación Azkar 07-11

Mércores 1 de xuño

“Futsal en Libia, experiencias”

Relator: Pablo Prieto, seleccionador nacional de Libia

Exit mobile version