Site icon Crónica3.com A Mariña

Parlamentarios autonómicos do PP inclúen “as obras pendentes do hospital” entre as principais actuacións desenvolvidas na metade do mandato

Nota de prensa

Emma Álvarez e Jose Manuel Balseiro significan que o Goberno de Galicia baixo a presidencia de Alberto Núñez Feijóo fixo desta comarca unha área de investimentos prioritaria a xuizo das moitas actuacións desenvolvidas ata o ecuador da presente lexislatura

O grupo popular salienta que a mariña lucense recibiu da xunta nos últimos dous anos de goberno o maior investimento da súa historia

Os deputados populares cuantifican en 204 millóns de euros o esforzo inversor do Goberno autonómico no conxunto dos concellos da Mariña.

Fan fincapé en que a pesar da crise e tamén, como consecuencia dela, as consellerías que maiores achegas efectuaron nestes dous últimos anos son Economía e Industria (97,07M€), Mar (28,85M€), Medio Rural (26,68 M€) e Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas (20,70M€)

A apertura dos parques de bombeiros de Viveiro e Barreiros, o inicio por primeira vez das obras nun tramo lucense do corredor, as obras pendentes do hospital e os investimentos nos portos, no impulso ao comercio e ás empresas e a aposta polo sector agrogandeiro principais actuacións desenvolvidas na metade do mandato

Burela, 6 de maio de 2011.- Os deputados do Grupo Parlamentario Popular Emma Álvarez e Jose Manuel Balseiro presentaron en rolda de prensa o balance dos investimentos da Xunta de Galicia ao chegar ao ecuador da lexislatura na Mariña lucense. Os parlamentarios significaron que nestes dous últimos anos de Goberno autonómico a Mariña recibiu o maior investimento da súa historia, proba do compromiso e do apoio que o Executivo que preside Alberto Núñez Feijóo está a dar a esta comarca.

Os deputados populares significaron que os datos demostran que a presidencia de Alberto Núñez Feijóo converteu á Mariña nunha comarca de investimentos prioritaria a xuizo das moitas actuacións desenvolvidas ata o momento e entre as que se inclúen grandes compromisos pendentes durante a etapa do bipartito como son a apertura dos parques de bombeiros de Viveiro e Barreiros, o inicio por primeira vez das obras da Via de altas prestacións da Costa Norte, entre San Ciprián e Celeiro, as obras na área de maternidade e noutros espazos do Hospital da Costa.

Álvarez e Balseiro explicaron que a crise caracterizou toda a actuación da Xunta de Galicia tanto no tocante as restriccións orzamentarias como, e de xeito moi especial, aos sectores que obtiveron un maior esforzo inversor por parte da Xunta: a pesca, o agro e sobre todo, o ámbito industrial e de comercio. De feito son as consellerías encargadas destas cuestións as que maior investimento achegaron ata a Mariña nos últimos dous anos, como é o caso da Consellería de Economía e Industria (97,07M€) –de xeito significado a través dos apoios do IGAPE- a Consellería do Mar (28,85M€) con diversos investimentos no ámbito dos principais portos comarcais, Medio Rural (26,68 M€) e Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas (20.70M€), esta última no ámbito das estradas, e obras de saneamento e abastecemento.

Os deputados populares cuantifican en 204 millóns de euros o esforzo inversor do Goberno autonómico no conxunto dos concellos da Mariña. Con todo, tanto Emma Álvarez como Jose Manuel Balseiro indicaron que con estes novos datos aínda non se conforman, e cómpre seguir avanzando no ámbito do reequilibrio territorial. Ainda que o Goberno Feijoo significou un avance significativo, sobre todo en comparación cos anos escuros do bipartito, aínda é posible facer moito máis e o noso compromiso é situar á Mariña no lugar que lle corresponde co obxectivo posto en que tanto agora como cando remate esta lexislatura poidamos dar conta dun cambio a mellor que todos os veciños perciben e poderán percibir.

José Manuel Balseiro e Emma Alvarez describiron algunhas actuacións salientables, repasando as distintas consellerías e os distintos concellos desenvolvidas pola Xunta nestes dous últimos anos entre as que destacaron os investimentos en materia de educación (en colexios e institutos, moitos dos cales están a sufrir importantes reformas para a súa mellora), como consecuncia da aplicación do Fondo de Compensación Ambiental creado polo Goberno para favorecer principalmente aos concellos que teñen instalacións eólicas, ou as obras de emerxencia para corrixir os efectos dos temporais.

Exit mobile version