Site icon Crónica3.com A Mariña

Parroquias de cinco concellos do Camiño Norte na Mariña poderán optar axudas para rehabilitar vivendas

Nota de prensa

A ÁREA DE REHABILITACIÓN DO CAMIÑO DE SANTIAGO PERMITIRÁ MELLORAR VIVENDAS NOS CONCELLOS DE RIBADEO, TRABADA, BARREIROS, LOURENZÁ E MONDOÑEDO

As axudas para a rehabilitación de vivendas poden chegar ata o 75 por cento do orzamento
As vivendas deberán ter como mínimo dez anos de antigüidade e destinarse a residencia habitual e permanente, ou ao alugueiro, por un prazo de cinco anos
Os concellos tamén se poderán beneficiar de axudas para actuacións en espazos públicos
Preto de 600 parroquias de 107 concellos se beneficiarán en toda Galicia das axudas da área de rehabilitación do Camiño de Santiago
O IGVS prevé publicar a convocatoria de axudas antes do verán

Santiago, 17 de maio de 2011.- A área de rehabilitación do Camiño de Santiago, no trazado do Camiño do Norte que atravesa a Mariña lucense, permitirá acometer obras de rehabilitación de vivendas nun total de cinco parroquias do concello de Ribadeo, tres de Barreiros, tres de Trabada, seis de Mondoñedo e catro de Lourenzá.

As vivendas que pretendan acceder a estas axudas deberán estar dentro do perímetro das parroquias polas que transcorre o Camiño de Santiago ou no trazado do propio Camiño, deberán ter unha antigüidade superior a dez anos e deberán destinarse a domicilio habitual e permanente do seu propietario ou ao aluguer, polo menos durante cinco anos, tras a finalización das obras de rehabilitación.

A axuda, en forma de subvención a fondo perdido, poderá acadar ata o 75 por cento do orzamento protexido, cun límite de cinco mil euros por vivenda. Estas axudas son compatibles con calquera outra concedida para o mesmo fin, pero conxuntamente non poderán superar o devandito 75 por cento do orzamento.

Os concellos tamén poderán acceder a axudas para a rehabilitación de espazos públicos nas condicións que fixe o Instituto Galego da Vivenda e Solo na convocatoria das axudas.

As axudas poderán solicitarse unha vez o Instituto Galego da Vivenda e Solo publique a correspondente convocatoria, prevista para antes do verán.

Ribadeo

En Ribadeo son catro parroquias completas as que poden optar ás axudas da área de rehabilitación e tamén as vivendas situadas no trazado do Camiño nunha quinta parroquia:

Arante (San Pedro)

Toda a parroquia

Cedofeita (Santa María Madanela)
Covelas (San Vicente)
Ove (San Xoán)
Ribadeo (Santa María) Trazado do Camiño

Ribadeo conta ademais con dúas áreas de rehabilitación emprazadas no casco vello e na vila de Rinlo, para as que o 29 de abril se asinou a rehabilitación de 27 e 16 novas vivendas, que se suman ás 195 asignadas para o casco vello dende a declaración da área en 2001 e as 14 asignadas a Rinlo dende que se declarou a área en 2009.

Barreiros

En Barreiros poden optar ás axudas todas as vivendas de tres parroquias:

Cabarcos (San Xulian)

Toda a parroquia

San Xusto de Cabarcos (San Xusto)
Vilamartin Pequeño(San Xoan Degolado)

Trabada

Como no caso anterior, todas as vivendas de tres parroquias poden optar ás axudas:

A Ría De Abres (Santiago)

Toda a parroquia

Sante (San Xiao)
Trabada (Santa Maria)

Mondoñedo

En Mondoñedo poderán acceder ás axudas as vivendas emprazadas no trazado do Camiño nunha parroquia e todas as vivendas doutras cinco parroquias:

Mondoñedo (Nosa Señora do Carme) Trazado do Camiño
Lindín (Santiago)

Toda a parroquia

Os Remedios (Nosa Señora dos Remedios)
Santiago de Mondoñedo (Santiago)
Sasdónigas (San Lourenzo)
Vilamor (Santa María)

Mondoñedo conta tamén cunha área de rehabilitación no seu casco histórico, para a que en abril se asignaron 22 novas actuacións, que se suman ás 281 asignadas dende que en 1988 se declarou a área de rehabilitación.

Lourenzá

Finalmente, el Lourenzá as axudas estarán dispoñibles para as vivendas emprazadas no trazado do Camiño nunha parroquia e noutras tres serán todas as vivendas da parroquia as que poderán acceder ás mesmas, sempre que, como en todos os concellos, cumpran os requisitos establecidos:

Lourenzá (Santa María) Trazado do Camiño
San Tomé de Lourenzá

Toda a parroquia

San Xurxo de Lourenzá
Santo Adrao de Lourenzá

Lourenzá conta tamén cunha área de rehabilitación do seu casco antigo, declarada en 2003. Estre ano asignáronselle once novas actuacións, que se suman ás 61 asignadas dende a súa declaración.

Exit mobile version