Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentaron en Ribadeo o I Cumio de Cociñeiros de Asturias e Galicia que se celebrará en Vegadeo

Nota de prensa

Cumio de cociñeiros
O salón de plenos do Concello de Ribadeo acolleu esta mañá a presentación do I Cumio de Cociñeiros de Asturias e Galicia que se celebrará os días 17 e 18 de maio na Casa da Cultura de Vegadeo. Catro cociñeiros, dous galegos e dous asturianos, que contan con distincións coma estrelas Michelín, ofrecerán en vivo demostracións das súas técnicas culinarias. O evento está organizado pola Asociación interEo, da que forma parte o Concello de Ribadeo. Fernando Suárez comentou que “desde este seo queremos promocionar sectores vivos coma o da hostelería e quixemos traer aquí a esta comarca natural que forman Asturias e Galicia este primeiro cumio de cociñeiros. Para elo escollemos a persoeiros representativos no mundo da cociña galegos e asturianos, moitos contan con estrelas Michelín e con diversos recoñecementos e distincións”. O alcalde subliñou que “hai un montón de inscritos para participar neste cumio e estamos convencidos de que será un éxito”.

O I Cumio de Cociñeiros de Asturias e Galicia reunirá a Nacho Manzano de Casa Marcial e a Marcos Morán de Casa Gerardo, e a Pepe Solla de Casa Solla e a Xosé Torres de Pepe Vieira.

Exit mobile version