Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentaron en Santiago a feira náutico pesqueira Expomar, que se celebra do 19 ao 22 de maio

Nota de prensa

Expomar 2011

O rexedor e presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano, e a concelleira do Mar, Remedios López Villar, participaron en Santiago na presentación da décimo cuarta edición da feira monográfica náutico pesqueira Expomar, que se desenvolverá na nave de redes en Burela do 19 ao 22 de maio. O acto tivo lugar na sede da Fundación Caixa Galicia na rúa do Vilar. Llano dixo que “hoxe estamos en Santiago e o vindeiro venres ás 12:15 da mañá no salón de plenos de Concello de Burela realizaremos tamén a presentación desta nova edición de Expomar, do XII Encontro Empresarial de Organizacións Profesionais e as XIV Xornadas Técnicas”

Exit mobile version