Site icon Crónica3.com A Mariña

RegalXunqueira organiza un coloquio para analizar o luns os resultados electorais e proxecta dous documentais

Nota de prensa

COMPLEXO REGALXUNQUEIRA

O Día Internacional dos Museos celébrase o 18 de Maio en todo o mundo dende o ano 1977, tal día foi o resultado da resolución tomada na XII Asemblea Xeral do ICOM (Consello Internacional de Museos) en Moscova. O ICOM, creado en 1946 é unha organización non gobernamental, dependente da UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura), con status de órgano consultivo do Consello Económico e Social das Nacións Unidas. O ICOM aglutina a museos e profesionais, e está dirixida á conservación, mantemento e comunicación do patrimonio natural e cultural do mundo, presente e futuro, tanxible e intangible.

O tema para o Día Internacional dos Museos 2011 é Museo e Memoria. Os museos gardan a memoria e contan historias. Conservan nas súas coleccións obxectos fundamentais para a memoria das comunidades nas que vivimos. Tales obxectos son a expresión dos nosos patrimonios natural e cultural. Moitos deles son fráxiles, varios están en perigo, e todos necesitan un coidado e unha conservación especiais. O Día Internacional dos Museos 2011 será a ocasión de descubrir e redescubrir as memorias individual e colectiva.

No CONXUNTO MUSEISTICO REGAL XUNQUEIRA recoñecido oficialmente fai ano e medio, polo Consello da Xunta de Galicia.

Celebrouse unha actuación musical do coro e músicos do LOIS TOBIO composto por 60 persoas entre pais avós e nenos do devandito colexio de Viveiro dirixido polo seu director Manuel Rodríguez González. Antes do concerto inaugurarase co nome oficial e placa o auditorio de REGAL XUNQUEIRA co nome de PABLO PICASSO, e catro obras do mesmo que decoraran o salon.

E HOXE VENRRES 20, as 20.30 horas Proxectarase o Documental “ESCUCHANDO AL JUEZ GARZON” de Isabel Coixet. E Manolo Rivas , cun debate ó remate do mesmo.

O Próximo Luns as 20,30 horas proxectaranse dous documentais en torno a “NUNCA MAIS” e “HISTORIAS DO CHAPAPOTE” e farase unha analise política dos resultados electorales na bisbarra, en un coloquio.

E para finalizar estas xornadas dos museos o MARTES 24 o documental da BBC, traducido “FUTBOL E FASCISMO MADRID -BARCELONA” as 20,30 horas.

Otero Regal

Exit mobile version