Site icon Crónica3.com A Mariña

Rematou un curso de restauración de mobles e iniciouse outro de conservas en Lourenzá

Nota de prensa

Delegación Medio Rural e Medio Ambiente

RESTAURÁRONSE VERDADEIRAS RELIQUIAS NO CURSO DE RESTAURACIÓN QUE REMATA ESTA SEMANA EN LOURENZÁ

O martes día 3 iniciouse outro curso de conservas

Lourenzá, 10 de maio do 2011.- No Concello de Lourenzá está tendo lugar un curso de Restauración de mobles e obxectos diversos, organizado polo propio Concello en colaboración con Asaja Galicia (Asociación Agraria Xóvenes Agricultores). Este curso, cunha duración de 30 horas ten lugar nas naves do mercado gandeiro, os luns e os xoves en horario de 20:00 horas a 23:00 horas e dado o gran éxito que está tendo, tanto de participantes como nos obxetivos que se están alcanzando non se descarta a posibilidade de organizar algún outro próximamente. Nel participan uns 25 alumnos de tódalas idades e de tódalas parroquias do Concello que levan os seus mobles e obxectos máis antigos que teñen polas casas para restauralos. Ali podemos atopar mobles de todo tipo, como por exemplo, baúles, xugos, maletas de madeira, mesiñas de noite antigas, un aparato de radio dos anos 30, reclinatorios, toalleiros de ferro, muíños de café, lavamáns de ferro, unha cama de latón, palanganeiros dos anos 20, unha bara de medir antiga, cabeceiros de cama, barricos, un pupitre dos anos 40 de dúas prazas co seu tinteiro e todo, sillas, cepillos da madeira, etc. Os alumnos aprenden todo o proceso de restauración e mantemento dun moble antigo. Todos estes obxetos poderanse ver nunha exposición que se celebrará na Sala de Exposicións do Concello unha vez rematado o curso, onde se poderá comprobar e valorar todo o traballo que estes alumnos están a facer. ¡¡Unhas verdadeiras obras de arte!!

Exit mobile version