Site icon Crónica3.com A Mariña

Remourelle acolleo o derradeiro aberto puntualbe da Liga Nacional de Billarda (LNB)

Nota de prensa

Ainda non repostos da ineludible ruta anual dos Furanchos de Xil-Meaño, da que afortunadamente retornamos todos ca satisfacción do deber cumprido (todos mais en maior que en menor medida probamos o nectar dos viñedos e competimos bravamente, ainda que en inferioridade de condicións, no aberto do Xerro do Salnés), voltamos a competición oficial para finiquitala.
Será na pista de Remourelle donde o vindeiro domingo día 15 se lle porá fin a tempada regular e de donde sairán os Campións 2010/2011 é mais os clasificados para xogar as finais nacionais en Conxo o 29 de maio. Nada está resolto, emoción ata o derradeiro golpexo de palán porque a clasificación provisional pode ainda dar voltas, agás Reyes que xa é a campiona en donas sin que naide lle poda quitalo posto, o resto está no ar.
Parabéns xa por adiantado para a pequena Gran Palanadora de “Os Outros” co firme desexo de que en Conxo poida confirmala súa supremacía sometendo o resto de palanadoras do mundo billardeiro.
Agardamos pois unha pista repleta de palanadores e de xeareiros que poña broche de ouro a esta campaña da LNB que finaliza. E para comenzar con bó pe, antes daremos conta todos xuntos dun xantar na Taberna de Lola. E moi importante confirmar a asistencia por mor da capacidade do comedor. O menú estará composto por: Tortilla, empanada e xamón. Costela asada con chorizos da casa. Postre e viño da casa e terá un coste de 9,00 € por comensal . Para confirmar a asistencia contactade con Marcos (605316896). Esperamosvos a todos a Remourelle!

Exit mobile version