Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo recibirá axudas da Xunta para a redacción dun plan para o caso histórico

Nota de prensa:

Castro de Rei, Castroverde, Chantada Monforte de Lemos, Monterroso, Sarria e Ribadeo reciben apoio da Xunta para a redacción dos plans dos cascos vellos

A xunta dispón por primeira vez axudas DE PLANEAMENTO ESPECÍFICAS para A protección de zonas históricas, que na provincia DE LUGO ROlDAN OS 1,4 MILLÓNS DESTINADOS A SETE CONCELLOS

Santiago, 14 de maio de 2011.- Os concellos de Castro de Rei, Castroverde, Chantada, Monforte de Lemos, Monterroso, Sarria e Ribadeo recibirán unha axuda de planeamento de  exactamente 1.388.647 euros destinados á redacción de plans de protección da súa zona vella. Trátase da primeira vez que un Goberno galego dispón esta partida de subvencións creada para axudar á redacción de Plans Especiais de Protección, que teñen por obxecto preservar o patrimonio cultural de asentamentos de carácter histórico ou de singular valor arquitectónico dos concellos cunha poboación non superior aos 50.000 habitantes. En total, a Xunta concedeu axudas deste tipo a 20 concellos galegos por un importe de 3.075.519 euros.

Con estas axudas, a Xunta de Galicia pretende colaborar na recuperación destas zonas históricas e poñelas en valor, xa que son proxectos onde os investimentos privados non adoitan entrar ao non ser lucrativos. Deste xeito, ademais, a Administración autonómica responde ás inquietudes manifestadas por moitos concellos que trasladaron as súas demandas sobre a necesidade de axudas para poder ordenar estes espazos, na súa meirande parte en solo urbano.

Garantir o futuro

De xeito sinxelo, pódese dicir que estes plans especiais son unha especie de plan xeral no que se estuda polo miúdo tanto o estado de conservación das edificacións como dos espazos públicos e no que se fixa, por exemplo, o uso futuro dunha praza, onde se poderá facer un parque ou un aparcadoiro. A finalidade é estudar estes espazos cun determinado valor para que teñan futuro, estean activos, ofrezan servizos ou revitalicen as cidades ou vilas nas que se atopan, coa posibilidade de definir novos usos e conservar o que defina o plan especial.

PROVINCIA DE LUGO
ANO DA ORDE CONCELLO FIGURA SUBVENCIONADA IMPORTE DAS AXUDAS CONCEDIDAS NO ANO 2010
2010 CASTRO DE REI PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN DO C. HCO. 120.487,50 €
2010 CASTROVERDE PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN DO BARRIO DA FORTALEZA 56.050,00 €
2010 CHANTADA PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN E REFORMA INTERIOR DO CASCO HISTÓRICO 67.803,75 €
2010 MONFORTE DE LEMOS PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN DO C. HCO. 377.338,50 €
2010 MONTERROSO PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN DO C. HCO. 135.093,00 €
2010 SARRIA PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN DO C. HCO. 242.628,75 €
2010 RIBADEO PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN DO C. HCO. 389.245,50 €
TOTAL PROVINCIA DE LUGO 1.388.647,00 €

Na provincia de Lugo, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio, concedeu axudas deste tipo a sete concellos, sendo Ribadeo e Monforte de Lemos os municipios que recibirán as sumas máis elevadas: preto de 400.000 euros destinados á protección de cadansúa zona vella.

Exit mobile version