Nota de prensa
SEMANA DOS MUSEOS – COMPLEXO REGALXUNQUEIRA
O tema para o Día Internacional dos Museos 2011 é Museo e Memoria. Os museos gardan a memoria e contan historias. Conservan nas súas coleccións obxectos fundamentais para a memoria das comunidades nas que vivimos. Tales obxectos son a expresión dos nosos patrimonios natural e cultural. Moitos deles son fráxiles, varios están en perigo, e todos necesitan un coidado e unha conservación especiais. O Día Internacional dos Museos 2011 será a ocasión de descubrir e redescubrir as memorias individual e colectiva.
No CONXUNTO MUSEISTICO REGAL XUNQUEIRA recoñicido oficialmente fai ano e medio, polo Consello da Xunta de Galicia. Programou por segundo ano consecutivo unha semán de actividades que deron comenzo o pasado sábado con xornadas de portas avertas e proxecion inenterrumpidamente do documental LINGUAS CRUZADAS de Maria Yañez e Mónica Ares, encol da utilización da lingua galega por parte da xuventude.
Prolongouse esta adtividade ata onte dia 17 e nela participaron perto de 300 visitantes, a maior parte deles de fora da bisbarra.
Hoxe mércores tivemos toda a maña unha visita de 54 alumnos do Colexio Vista Alegre de Burela, que participaron na programación do centro didáctico, documental, visitas a ós museos de cerámica e coiro, visita ós obradoiros de cerámica e por ultimo participaron nun obradoiro onde cada un deles a o cargo de monitores elaboraron sendas pezas de cerámica, que seran posteriormente cocidas e enviadas o colexio para ser repartidas.
Hoxe as 20,30 teremos unha mesa redonda encol da política e da cultura na que participaran Bernardo Fraga Galdo candidato do BNG e Jesús Fernández numero dous da lista de IVI, o PP e o PSOE que foron invitados non comunicaron si virian, no caso dos socialistas o seu secretario de organización nos contestou por telefono que “estamos moi ocupados e non creo que vaiamos”.
Maña XOVES 19 Actuación musical do coro e músicos do LOIS TOBIO composto por 60 persoas entre pais e nenos do devandito colexio de Viveiro. Antes do concerto inaugurarase o nome oficial e placa do auditorio de REGAL XUNQUEIRA co nome de PABLO PICASSO, e catro obras do mesmo que decoraran o salon as 20:30 h.