Site icon Crónica3.com A Mariña

Sprint final no mes do pincho electoral en Foz organizado pola ACIA

REMATA O MES DO PINCHO ELECTORAL QUE ORGANIZOU ACIA FOZ COA ETAPA DENOMINADA SPRINT FINAL.

Foz, 26 de maio de 2011. Remata o mes do pincho electoral que organizou a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz. Os 27 locais participantes ofrecerán mañá e o sábado pinchos combinados no denominado sprint final.

O mes do pincho electoral véuse celebrando en Foz desde o pasado 6 de maio. O evento foi presentado no Concello e ao acto asistiron os catro candidatos á alcaldía da vila polo PSOE, o PP, o BNG e Unifoz. Desde a xornada inicial focenses e visitantes disfrutaron de montaditos, de tapas elaboradas con chourizo, morcilla, chistorra, pastas e arroces. E agora a despedida será con pinchos combinados.

O presidente de ACIA Foz, José Carlos Paleo, anima unha vez máis aos veciños “a disfrutar desta orixinal cita gastronómica que puxemos en marcha para animar un mes no que a política foi e é a protagonista. Pensamos nesta idea orixinal e ao final levóuse adiante durante todas as fins de semana do mes de maio. Agradecemos a participación do sector hostaleiro nesta nova proposta e tamén a todos os que degustaron as súas propostas”.

Exit mobile version