Site icon Crónica3.com A Mariña

Un reputado xurado avaliará durante a fin de semana as tapas finalistas do Ribadeo de Tapeo

Nota de prensa

FERNANDO SUÁREZ AGARDA QUE DURANTE A FIN DE SEMANA SEXAN MOITAS AS PERSOAS QUE SE ACHEGUEN Á VILA A DISFRUTAR DOS ÚLTIMOS DÍAS DO RIBADEO DE TAPEO. CANDO REMATE O CONCURSO SERÁ CANDO SE COÑEZAN OS NOMES DOS LOCAIS GAÑADORES.

Ribadeo, 6 de maio de 2011. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, agarda que durante a fin de semana sexan moitas as persoas que se acheguen á vila a disfrutar dos últimos días do Ribadeo de tapeo. Un xurado avaliará durante a fin de semana as tapas finalistas e será cando remate esta cita gastronómica cando se coñecerán os nomes dos gañadores.

O rexedor subliñou que “Ribadeo de tapeo está a ser por sexto ano consecutivo, un éxito rotundo. As receitas deste ano superan ás de anos anteriores anos poñendo de manifesto a calidade e orixinalidade dos locais hostaleiros do noso concello. Entre eles e o público son os que propician este éxito. Durante esta semana foron moitas as persoas que decidiron sair á rúa e probar algunhas das especialidades de cociña en miniatura presentadas e agardamos que a fin de semana se acheguen moitas máis persoas dos arredores”.

Fernando Suárez dixo que “lembramos e agradecemos que este evento foi posible grazas tamén as persoas que gratuitamente se prestaron a exercer de xurado avaliador e que facilitaron a escolla final, entre eles Ana Fernández, cociñeira e profesora especialista de cociña con ampla experiencia e Hector González Fernández, tamén cociñeiro e profesor especialista en cociña”.

O alcalde Ribadeo engadiu que “aínda que desde a organización consideramos que todos os locais deben ser gañadores, xa que todos eles puxeron ilusión e teimosía e souberon achegar aos clientes propostas actractivas, será mañá, sábado 7 de maio, cando se sumarán a este xurado primeiro, outras persoas expertas no eido gastronómico, de cara a seleccionar de entre as tapas finalistas, o primeiro, segundo e terceiro premio desta sexta edición do Ribadeo de tapeo. Logo quedará saber quen será o establecemento que recibirá o premio público”.

O xurado finalista está composto por: Hector González, cociñeiro e profesora especialista de cociña; Ana Fernández, cociñeira e profesora especialista de cociña; Roberto Walter, xefe de cociña do Centro Superior de Hosteleria de Galicia; Miguel Vila, periodista e escritor gastronómico. Premio Nacional de Periodismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro 2004. Premio Gourmand Cookbook Awards 2006 “Best entertaining cookbook”. Periodista Distinguido Gallaecia 2009. I Premio periodístico “A Gastronomía polos Camiños de Santiago” 2010 e tamén Manuel Gago, xornalista e profesor na USC, no eido gastronómico Gago é o creador e promotor do Código Cociña, un código de boas prácticas para o blogging gastronómico, colabora semanalmente no programa gastrónomico da Radio Galega Come e Fala, co que gañou o Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico 2011.

Cando remate o Ribadeo de tapeo será cando se darán a coñecer os nomes dos gañadores, “xa que o importante é dinamizar o sector da hostelería durante todos estes días. Despois xa haberá tempo de comentar quenes foron os galardoados e quen foi o local elexido polo público”.

Exit mobile version