Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ xuntouse cos veciños da Hermida ao aire libre e presentou o programa en Cordido

Nota de prensa:

UNIFOZ, xuntouse cos veciños/as da Hermida ao aire libre diante da Escola Pública que o Concello ten neste lugar, ante a imposibilidade de poder utilizar legalmente este local , xa que o Concello non puxo a disposición da Xunta Electoral o mencionado local.

A pesar de que Partido Socialista ,si fixo acto político cos veciños da Hermida o día anterior(13 do presente mes), UNIFOZ considera que fixo o acto de forma irregular/ilegalmente, pois non tiña autorización para poder facelo neste local público por parte da Xunta Electoral, o que sometemos a consideración.

UNIFOZ, falou cos veciños/as da Hermida, para falarlles desa outra forma de gobernar no medio rural, no que respecta o mantemento de viais (pista con agromerado en quente e cunetas de formigón), ós S.Sociais (triplicar a axuda no fogar ), riqueza forestal (concentración de propietarios de montes), emprego ( creación de 50 postos de traballo temporais /ano para mellora de atención ós S. municipais)……….

UNIFOZ, comprométese a xestionar ante as administracións correspondentes a mellora de acceso á Hermida na intersección da Crta de Oiran ( LP3101) e a Crta Foz -Ferreira LU-152.

Así mesmo Unifoz tamén se compromete a xestionar melloras para a intersección da Crta LU-152 e a LP-2001 Vilaxoane-Ver, en ámbolos dous casos a pesar de ter terreo suficiente os enlaces son un autentio desastre.

PRESENTACIÓN DO PROGRAMA EN CORDIDO
UNIFOZ , xuntouse cos veciños de Cordido, para dar a coñecer o noso programa para zona rural, con compromiso de a posta en marcha de políticas para fixar poboación e a posta en valor da nosa riqueza do campo .

UNIFOZ, tamén se compromete a mellora das pistas de Cordido, por ser esta parroquia a única que non ten nin un so metro de pista agromerada, e a moiría moi deterioradas.

Mañá UNIFOZ, se despraza a Sta Cecilia ás 20 :00 h.

UNIFOZ , quere expresar a súa queixa por non poder dispoñer de espacios gratuitos en Radio Foz, porque a interpretación da lei así o lexisla, por non ter representación no ano 2007, e facerse o reparto en función de ese criterio.

Exit mobile version