Site icon Crónica3.com A Mariña

14 parques eólicos, e unha minicentral, listos para ocupar espazos sen “protección oficial”, asegura Adega

REFERENCIA

24 de xuño de 2010. Como os colonos no salvaxe correndo por ocupar novas terras (esquecendo a propiedade secular dos nativos), estamos asistindo outra competición por facerse con dereitos de explotación enerxética sobre os nosos montes e ríos (os poucos que aínda quedan libres). Ducias de proxectos eólicos apúranse por ser autorizados denantes de que Europa obrigue a Feijóo a ampliar a Rede Natura e daquela, fágase efectiva a prohibición de instalar muiños nestes espazos. Nesta estampida de proxectos hai de todo: afeccións a espazos protexidos, hábitats prioritarios e de interese europeo, humidais, xacementos arqueolóxicos, e mesmo ao Camiño de Santiago (xa pasou o Xacobeo). Unha verdadeira política de “terra queimada” co terrirorio, para que os que veñan detrás (e os indíxenas), queden só coas migallas do banquete. (…)

Exit mobile version