Site icon Crónica3.com A Mariña

Nova xornada educativa para familias do Concello de Foz sobre o absentismo e abandono escolar

Nota de prensa:
“ABSENTISMO, ANTESALA DO ABANDONO ESCOLAR”

Martes 7 de Xuño, de 20.00 a 21.00h no Salón de Actos do CEIP Nº1 de Foz.

2ª Xornada Educativa para Familias do Concello de Foz.

Asistirán: Inma Naray, Orientadora do IES de Foz, Arantxa Incera, Concelleira de Educación e Lucía Lage, psicopedagoga.

O absentismo escolar é un problema cada vez máis preocupante, sobre todo se pensamos que en moitos casos acaba sendo un dos primeiros síntomas do fracaso e abandono temperán dos estudios. A necesidade de que os rapaces sexan conscientes da importancia vital de asistir ás clases e o risco que corren de caer nun círculo vicioso que os leva a quedar illados e truncar o seu futuro educativo e laboral e a implicación das familias para evitar esta situación é un dos obxectivos principais desta actividade. Por outro lado búscase provocar neles a reflexión sobre outros temas: a motivación no estudio, a necesidade dunha formación para atopar un emprego digno, …as consecuencias no futuro das decisións que tomen no presente.

Esta xornada dirixida ás familias completa o Plan de Prevención do Absentismo Escolar Municipal dentro do que se realizaron distintas actividades, dirixidas ao alumnado de educación secundaria do Concello de Foz, ao longo deste ano 2011.

Realízase unha presentación (ppt) na que se define o absentismo escolar, as distintas orixes, os efectos do mesmo,.. Explícase o Protocolo de actuación ante o absentismo escolar vixente no Concello e no que participan os centros educativos, os servizos sociais municipais, etc.. Na presentación faise tamén fincapé en qué se pode e se debe facer desde a familia para previr o absentismo ou erradicalo no caso de existir, incidindo sobre todo na importancia vital que ten a relación FAMILIA-ESCOLA. Como mellorar esta relación e cómo mellorar tamén as relacións cos fillos adolescentes. Infórmase ademais dos servizos de información, orientación, etc. existentes no centro educativo, a nivel municipal e supramunicipal. Pero sobre todo o feito de que as familias se reúnan, dialoguen, fagan unha posta en común sobre o tema é un paso importante para darlle a importancia que ten ( e a gravidade que pode ter) ao absentismo e se impliquen no plan de prevención do mesmo.

Exit mobile version