Site icon Crónica3.com A Mariña

Somos un país pobre

SOMOS UN PAIS POBRE

Hai crise económica, financeira, climática, alimentaria, política, pero, sobre todo, de confianza. E o curioso é que unha e outra vez nos din que non haberá xeito de remontar se non somos capaces de recuperar esta última. O paradoxo é que eses mesmos que nos apuran a acicalarnos para enfrontarnos radiantes ao espeso futuro, a pouco que fican as catro frases feitas de bo rolo apúranse a sementar os máis sombríos agoiros que, polo que nos contan, lévannos á Apocalipse.

Pasamos do «Esto vai ben» ao «Esto está fatal, é insolvente, a rémora de Europa», etc, etc, sen termo medio. Do «que bo vivir aquí» ao «a ver como escapamos». País de contrastes.

Agora toca, desencanto, desilusión, desafección, descreimiento, desconfianza, desalento. Aí están centos de miles de persoas nas rúas pondo voz a outros moitos miles que só barruntan negrura e ven con gran pesimismo o futuro.

Como andarán os ánimos que ata asumimos con normalidade a involución e que os mozos de hoxe, vivirán peor que os seus pais.

Así as cousas, como non se vai a cuestionar o modo de xestionar a cousa pública, o modo de como se fixo política, o que non quere dicir que se cuestione a política. Non resulta rechamante e ilusionante, canto se está falando de política nestes momentos? Máis que de fútbol. Un punto, pois, para o 15-M, ese activo e multitudinario movemento que, miren por onde, agora escandaliza a moitos dos establecidos que ata onte criticaban cínicamente o adocenamiento e conformismo dunha mocidade acomodada.

Ben é verdade que se fala desde o desánimo e isto xa ilusiona menos. Claro que, vistos os feitos, tal estado de postración é comprensible, sempre que quen están obrigados, pola responsabilidade contraída, a activar entusiasmos non só non o fan senón que, ao contrario, envían mensaxes aterradoras e de submisión a uns entes etéreos pero insaciables que agora chaman mercados e que recordan a Spectra, aquela organización de malos, malons, das películas de James Bond. E, claro, mal imos se só nos presaxian malos agoiros e non hai nin proxecto nin ninguén capaz de ilusionar. Triste futuro se todo pasa polo menos e o menos malo.

Calquera líder que se prece ten que soñar o imposible, mirar máis aló do horizonte e non amedrentar á tripulación coa inminencia das tormentas e marexadas.

Por suposto que nos preocupa que todo os indicadores sinalen que todo vai mal e sería unha colemia abstraerse da realidade; pero, se coincidimos en que a primeira crise a superar é a da confianza, é urxente un proxecto ilusionador non so dos politicos, sinon individual e despois colectivo que nos conmova para ben.

E de paso é imprescindible que nos poñamos xa de unha vez a concienciarnos de que nos enganaron, non somos ricos, somos un pais pobre e atañámonos ás consecuencias.

Otero Regal

Exit mobile version