Site icon Crónica3.com A Mariña

5 socorristas comezan a vixiar as praias de Barreiros e outros 25 incorporanse en xullo

Nota de prensa

MAÑÁ CINCO SOCORRISTAS COMEZARÁN A VIXIAR AS PRAIAS DE BARREIROS. OUTROS 25 INCORPORARÁNSE A PARTIRES DO VINDEIRO 1 DE XULLO.
Barreiros, 14 de xuño de 2011. Mañá cinco socorristas comezarán a vixiar as praias de Barreiros, segundo daba a coñecer hoxe o alcalde, Alfonso Fuente Parga.
O rexedor dixo que “no noso concello haberá a partires de mañá cinco socorristas que estarán preparando o material e vixiando nas horas de baño, sempre mantendo toda a precaución por parte dos bañistas. Quérolles lanzar esa mensaxe para que saiban que están vixiando e atendendo os areais, pero non como será a partires do vindeiro 1 de xullo”.
Alfonso Fuente subliñou que “desde o 1 de xullo haberá en total 30 socorristas traballando nas praias de Barreiros, pero nestes primeiros días queremos estar pendentes por si veñen xornadas de bó tempo como ocorreu a pasada fin de semana e como pode vir o seguinte. Así cubriremos estes días”.
Do 15 ao 30 de xuño Barreiros contará con 5 socorristas ao igual que do 1 ao 15 de setembro. E do 1 de xullo ata o 31 de agosto serán 30 os que velen pola seguridade dos bañistas.
Limpeza areais
O alcalde barreirense lembrou que “as nosas praias están a ser limpadas e preparadas para uso e disfrute dos que nos visitan desde o pasado 1 de xuño e así seguiremos ata mediados de setembro. Agora estáse a retirar toda a porquería que foi soltando o mar durante o inverno e preparándoas para despois facer tarefas de mantemento durante os meses de verán”. Na limpeza das praias traballan tamén preto dunha treintena de persoas.

Exit mobile version