Site icon Crónica3.com A Mariña

A APA do colexio Sagrado Corazón de Ribadeo celebra o sábado a festa de fin de curso

Nota de prensa:

A APA do Colegio Sagrado Corazón de Jesús de Ribadeo, celebra este próximo sábado unha festa de fin de curso entre os seus asociados.
Será na área recreativa de Santa Cruz, a partir das 11.00 horas.
A festa consistirá nunha xornada de convivencia entre pais e nenos, na que se celebrarán xogos tradicionais e probas de inxenio.
A APA conta coa colaboración de monitores profesionais para organiza-lo evento.
A mediodía farase un descanso para comer na propia área recreativa e pola tarde continuarase coas actividades lúdicas.
Está previsto rematar as actividades sobre as 6 da tarde.
Dende a APA animan ós seus asociados a participar nesta pequena festa, na que o principal obxetivo é o de disfrutar dun día de xogos cos nosos propios fillos.
A actividade é totalmente gratuita para os socios da APA, non sendo necesario apuntarse para esta.

Exit mobile version