Site icon Crónica3.com A Mariña

A aula Cemit do Concello de Burela imparte 7 cursos neste mes de xuño

Nota de prensa

A AULA CEMIT DO CONCELLO DE BURELA IMPARTE 7 CURSOS NESTE MES DE XUÑO

Burela, 20 de xuño de 2011. A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello Burela está impartindo 4 cursos e levará a cabo 3 máis no que queda de mes.
A Aula CeMIT de Burela está impartindo 4 cursos de Alfabetización dixital dende comezo deste mes. Os cursos en cuestión son 3 de “Iniciación a Internet” e 1 de “Iniciación a Informática”.
Ademais, no que resta de mes, vanse a impartir 3 cursos máis.
Entre o 21 e o 24 impartirase o curso “Alfabetización dixital: Comunicación en tempo real a través da Internet”, co que se pretende dotar, aos participantes, das destrezas necesarias para manter conversas en tempo real con outras persoas empregando un programa libre de mensaxería instantánea. O horario será de 11 a 12:30 horas.
O 23 comezará o curso “Alfabetización dixital: Iniciación a Internet”, co que se amosará como navegar por Internet a través do programa libre “Mozilla Firefox”. O horario será de 16 a 17:30 horas.
O último curso que se impartirá neste mes será “Alfabetización dixital: Correo Electrónico: Webmail”. Con este curso se pretende dotar, aos asistentes, das destrezas necesarias para crear unha conta de correo electrónico e así poder enviar e recibir correos. O curso, que comezará o 27 de xuño e rematará o 5 de xullo, terá como horario de 11 a 12:30 horas.
As actividades da Aula CeMIT de Burela este mes complétanse con 2 charlas.
A primeira será a charla “DNI Electrónico”, que terá lugar o 21 de xuño ás 16 horas, e permitirá aos asistentes coñecer o novo DNI electrónico e todos os trámites que se pode facer con el a través de Internet.
A segunda charla leva como nome “Sinatura electrónica de documentos emisión e validación”, e con ela se amosará como firmar documentos coa sinatura electrónica. Esta charla celebrarase o 30 de xuño ás 11 horas.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT de Burela sita na Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo nº 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, ou enviar un correo electrónico ao enderezo:

Exit mobile version