Site icon Crónica3.com A Mariña

A Axencia Galega de Emerxencias 112 dispón de nova paxina web

Nota de prensa

Bota a andar a nova páxina web da Axencia Galega de Emerxencias-112

A AXEGA optou por un deseño integrador, moderno e actual con sistemas de navegación áxiles e intuitivos

O novo sitio web presenta dúas versións, galego e castelán, e permitirá o acceso a novos contidos, coma un directorio telefónico, alertas meteorolóxicas e calendario de eventos

A páxina web do CAE 112 Galicia contabilizou máis de 2.700.000 consultas durante o ano 2010

Santiago, 18 de xuño de 2011.- A Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) acaba de facer pública a nova páxina web do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia cun deseño integrador, moderno e actual; renovados contidos e sistemas de navegación áxiles e intuitivos. O novo sitio web está dispoñible enderezo electrónico: www.axega112.org

A AXEGA optou por un modelo bilingüe, galego-castelán, e información máis útil para o usuario, como son as alertas por meteoroloxía adversa, un completo e renovado directorio telefónico, un calendario de eventos, no que se dará conta da oferta formativa da Administración en materia de xestión de emerxencias e protección civil, e novas de interese. Ademais, neste intre, trabállase na actualización e modificación do mapa de xeadas e envaradas que estará operativo antes do inverno.

O deseño escollido supón unha aposta clara pola súa integración nos servizos web que ofrece a Xunta de Galicia, por canto asume a mesma estética, estilo e vocación de servizo público.

A nivel técnico, simplificouse a xestión e administración dos contidos, o que asegura unha actualización rápida e sinxela. Cómpre lembrar que a páxina web do CAE 112 Galicia recibiu máis de 2.700.000 consultas o ano pasado.

A sección máis visitada é o mapa de incidencias, que se mantén no novo deseño, seguida da información meteorolóxica e o informe diario de intervencións. Tamén destaca o número de entradas realizadas aos resumos de prensa e ao mapa de xeadas e nevaradas, loxicamente, durante o meses de inverno.

Exit mobile version