Site icon Crónica3.com A Mariña

A Delegación de Educación do Concello de Foz organiza a xornada educativa “Enréd@te!”

Nota de prensa
“ENRÉD@TE!” 3º Xornada Educativa para Familias organizado pola Delegación de Educación do Concello de Foz.

Mércores 8 de 20.00 a 21.00h no Salón de Actos do CEIP Nº1 de Foz

A sociedade en rede é o entorno natural no que medran as xeracións máis novas. As TIC son para eles un instrumento cotián e facer uso de internet é unha parte importante do seu modelo de relación, de estudio, de ocio, de aprendizaxe creativo e, en última instancia, de desenrolo dos seus propios proxectos e afeccións. Para moitas familias este é un mundo novo e descoñecido, incluso temido, do que sen embargo non poden nin deben quedar ao marxe. Debe ser ademais un vínculo de unión entre pais e fillos de xeito que compartan tempo xuntos na rede como se comparte tempo de lectura, de estudio e de lecer.

É necesario coñecer os usos de Internet para educar aos nosos fillos na súa utilización. Ser conscientes das vantaxes que supón pero tamén dos posibles perigos que pode agochar e salvagardar aos nosos rapaces dos mesmos. Por iso nesta sección se traballa coas familias no coñecemento sobre todo das tan de moda redes sociais para que as coñezan, as usen (se queren) e aconsellen aos seus fillos sobre como “navegar” de xeito seguro e responsable.

Os obxectivo principais da actividade son dar a coñecer ás familias:

As posibilidades de internet a nivel educativo: cursos on-line, tutoriais, foros, blogs, etc. Recursos útiles para buscar emprego, realizar compras, ventas, xestións administrativas, información de todo tipo para a vida cotiá.
A rede como punto de encontro, as vantaxes e inconvintes ( incluso perigos) das relación na internet.

Exit mobile version