Site icon Crónica3.com A Mariña

A depuradora de Foz

A depuradora de Foz.

Nestes días saíu a nova nos xornais, dunha sentenza do TS, declarando ilegal a depuradora de Lugo, en Nadela, na que se investiron 44,5 millóns de euros.
Motivo: non cumprir a distancia legalmente establecida a núcleo urbano. Nas alegacións presentadas no seu día, en Foz, contra a ubicación da depuradora no porto, argumentaramos o mesmo, non se gardaba a distancia de 2000 m a núcleo urbano. De feito, puxérona a 30 m e ao carón da piscina municipal. Eso sí, cos parabéns de Augas de Galicia e Consellería de Medio Ambiente, dirixida esta última polo Sr. Pachi Vázquez.
A pregunta que me levo facendo hai moito tempo, é que pasa nun país cando as Administracións non cumpren a lei. Con que seriedade van esixir ao cidadáns que as teñen que cumprir?

Brais (Foz)

Exit mobile version