Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación entregará a vindeira semana ao Concello de Burela as obra da estación de bombeo da Marosa

Nota de prensa

A DEPUTACIÓN ENTREGARÁ A VINDEIRA SEMANA AO CONCELLO AS OBRAS DA ESTACIÓN DE BOMBEO DA MAROSA, SEGUNDO VEN DE ANUNCIAR O ALCALDE, ALFREDO LLANO.

Burela, 3 de xuño de 2011. A Deputación de Lugo entregará a vindeira semana ao Concello de Burela as obra da estación de bombeo da Marosa, segundo ven de anunciar o alcalde, Alfredo Llano.

O rexedor dixo que “dita estación de bombeo de residuais dará un servizo importante á zona comprendida entre A Casilla e A Marosa, a todas esas casas que se están facendo e ás que están feitas, e tamén lle queremos prestar ese servizo ás instalacións deportivas do campo de fútbol e a outras que se poidan facer”. Llano engadiu que “a estación está composta por dúas bombas de 15 kilowatios cada unha e teñen unha capacidade de bombeo de 21 litros por segundo. Consideramos que con esta obra se traten perfectamente as augas residuais desa zona e envialas ao circuito central para seren tratadas na nosa EDAR”.

O alcalde de Burela lembrou que “era unha obra comprometida que será complementada, en canto de entregue, co remate dun POS, uns traballos que suporán a colocación de beirarrúas e luminarias para que esa zona quede en servizo para comunicar A Casilla e A Marosa. É unha obra que lle dará singularidade e unha importancia maior da que tiña ata o de agora ese lugar. A partires da vindeira semana estará para servizo de todos os veciños desa zona de Burela”.

Exit mobile version