Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación presenta en Foz o XV torneo internacional de fútbol base “Costa Nova”

Nota de prensa:
ANTONIO VEIGA ASISTIU Á PRESENTACIÓN DO XV TORNEO INTERNACIONAL DE FÚTBOL BASE COSTA NOVA

Os partidos xogaranse esta fin de semana en campos de fútbol de varios concellos da Mariña

FOZ, 22 de xuño de 2011. O delegado da Área de Deporte da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, participou hoxe na presentación do XV Torneo Internacional de Fútbol Base Costa Nova no que competirán máis de 30 clubs nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil- procedentes de Galiza e doutros lugares do estado como son Madrid, País Vasco, Asturias, Cantabria ou Castela e Léon. O salón de plenos do concello de Foz acolleu este acto no que tamén participaron membros da agrupación organizadora, a Asociación Foz Costa Nova. O campionato desenvolverase os vindeiros días 24, 25 e 26 de xuño.

Na súa intervención, Antonio Veiga resaltou a necesidade de “fomentar e impulsar a práctica do fútbol ou de calquera outra disciplina dende a base, contribuíndo á formación das futuras estrelas do deporte lucense dende moi novas”. Nesta liña, o delegado da Área de Deporte da Deputación salientou o “gran labor” realizado pola Asociación Foz Costa Nova en prol do fútbol base mariñao. Iniciativas coma esta facilitan a consolidación da práctica e do espírito deportivo na zona ao tempo que serven de elemento dinamizador da comarca, asegurou o nacionalista. A Deputación de Lugo apoia decididamente este tipo de iniciativas xa que “fomentan a práctica e o desenvolvemento do deporte de base en todas e cada unha das comarcas lucenses”.

Exit mobile version