Site icon Crónica3.com A Mariña

A Pataca Naranxa celebra o sábado unha cea de fin de tempada na Parrillada de Jandro


Nota de prensa

CEA DE FIN DE TEMPADA

A Pataca Naranxa celebra o vindeiro sábado, 2 de xullo, unha cea de fin de tempada, na Parrillada de Jandro. Os representantes da peña burelista animan a todos/as os seareiros/as, soci@s e non soci@s, a reunirse nesta xuntanza como despedida dun excelente ano para o fútbol sala laranxa.

A cita gastronómica está prevista para as 22.00 horas. Todos os interesados/as poden retirar o seu ticket ata o venres 1 de xullo na propia parrillada, na cafetería Vista Alegre ou na cervexería O Trisquel; tamén poden facer a súa reserva nos teléfonos 607 748786 (A Pataca Naranxa) ou 616 757 980 (A Parrillada de Jandro). O prezo é de 15 € para soci@s e 25 € para non soci@s.

Exit mobile version