Site icon Crónica3.com A Mariña

A praia das Catedrais estará en optimas condicións para o verán a pesares da Adeac

Nota de prensa

FERNANDO SUÁREZ ASEGURA QUE A PRAIA DE AS CATEDRAIS ESTARÁ EN ÓPTIMAS CONDICIÓNS DE CARA Á VINDEIRA CAMPAÑA ESTIVAL, A PESARES DE NON CONTAR CON BANDEIRA AZUL NESTE 2011. O REXEDOR ANUNCIOU QUE CONTARÁ DE NOVO CON SERVIZO DE INFORMADORES TURÍTICOS E DE AUTOBÚS.

Ribadeo, 3 de xuño de 2011. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asegura que a praia de As Catedrais estará en óptimas condicións de cara á vindeira campaña estival, a pesares de non contar con bandeira azul neste 2011. O rexedor dixo que se solventarán as deficiencias detectadas por Adeac e que voltará a contar con servizo de informadores turísticos e de autobús entre Ribadeo e dito areal.

Suárez Barcia quixo “sair un pouco ao paso das críticas que a oposición está realizando estes días, para tela entretida nesta situación de renovación na que están metidos e para facer que fan agora practican o seu deporte preferido que é mallar no alcalde, eu asúmoo con deportividade pero quero facer público o escrito que no seu momento o Concello lle enviou a Adeac, esta asociación privada que outorga as bandeira azuis, en todos aqueles extremos que nos cuestionaban”. O rexedor dixo que “en dito escrito lles recoñeciamos que non teríamos ningún problema para que neste verán de 2011 estivera en perfecto estado de revista como así estará, aínda que esta asociación logo determinou que non eramos merecedores para este ano da bandeira azul”.

O alcalde de Ribadeo subliñou que “todo aquelo que a asociación nos estimaba estará operativo para este verán, aínda que non teñamos bandeira azul, solamente polo interese que temos para que os bañistas e os turistas que alí se achegan se sintan cómodos. Volveremos ter un convenio asinado coa Deputación de Lugo para ter informadoras/es turístic@s que atenden á xente en varios idiomas, limparemos os servizos polas mañás e polas tardes, impulsaremos un novo servizo de autobús entre Ribadeo e a praia de As Catedrais e lograremos continuar con todas estas cuestións que puxemos en valor ao longo dos últimos anos e que nos fixeron merecentes non só dun galardón senón de tres”.

Para Fernando Suárez “o máis importante, máis aló de recoñecementos e de bandeiras, é que a praia se atope nun estado óptimo para os visitantes, que é no que eu me levo esforzando ao igual que os meus compañeiros durante os últimos catro anos, e nestes que veñan seguiremos a traballar para facelo si cabe un pouco mellor”.

O alcalde convocou para o vindeiro xoves 9 de xuño ás 12 da mañá no Concello un encontro para falar da praia das Catedrais, unha xuntanza á que foron convidados o Ministerio de Medio Ambiente, a Xunta, a Deputación Provincial de Lugo e Adeac.

Exit mobile version