Site icon Crónica3.com A Mariña

Alumnos do colexio de Boimorto son os primeiros visitantes de Eido Dourado este verán

Nota de prensa:
O EIDO DOURADO COMEZA A RECIBIR AOS PRIMEIROS VISITANTES DESTE VERÁN. UN GRUPO DE ALUMNOS DO COLEXIO DE BOIMORTO PASOU ESTA SEMANA POLAS INSTALACIÓNS.

Barreiros, 23 de xuño de 2011. Un grupo de rapaces do colexio de Boimorto visitaron esta semana o Eido Dourado e realizaron unha visita guiada aos xardíns e á exposición acompañados por Celso Dourado.

As portas do Eido Dourado abríronse por terceiro verán consecutivo o pasado martes, despois de que o sábado tivese lugar o acto de reapertura, no que o artista barreirense logrou reunir a unhas 200 persoas. Os asistentes disfrutaron da renovada exposición de cadros de Celso Dourado, da inauguración da escultura de Puchades e do concerto que ofreceu a banda dos Crevinsky. Dourado amósase moi satisfeito da acollida que tivo esta convocatoria.

O Eido Dourado permañecerá aberto de martes a domingo na praia de A Pasada en San Miguel de Reinante ata o vindeiro mes de setembro. O horario é de 11 a 13:30 horas polas mañás e de 16 a 21:30 horas polas tardes. Os xoves polas tardes a partires das sete haberá visitas guiadas por Celso Dourado.

Exit mobile version