Site icon Crónica3.com A Mariña

Alumnos do IES Monte Castelo realizaron prácticas do ciclo superior de actividades físicas no CD Burela

Nota de prensa

*JOSÉ FRAGA E LIDIA FRAGA: ‘O MÁIS GRATIFICANTE NA NOSA EXPERIENCIA NO CD BURELA
FORON AS SESIÓNS COS NENOS’*

Os alumnos do IES Monte Castelo Lidia Mesías e José Manuel Fraga finalizaron a
semana pasada as súas prácticas no CD Burela FS correspondentes ao ciclo
superior de Actividades Físicas e Deportivas. “O máis gratificante na nosa
experiencia no club foron as sesións cos nenos e nenas da escola; é unha tarefa
moi agradecida” aseguraron os estudantes.

Tanto Lidia, que xa coñecía a entidade como xogadora do Burela FS Pescados
Rubén, coma José tiñan claro o seu centro de formación dende o principio. “É a
máxima referencia deportiva da comarca, con estrutura de elite e categorías de
base. Puidemos poñer en práctica os coñecementos adquiridos no ciclo a través
das sesións de adestramento, pero tamén na xestión da escola, unha parte pouco
visible, moi laboriosa e con moita importancia. Despois da miña experiencia,
animo ao resto alumnado a realizar as prácticas aquí” dixo José.

O director da ED EON Burela FS, Alfonso Mera, que dende o 28 de marzo coordinou
e supervisou a José e Lidia, destacou a boa actitude dos estudantes:
“Internáronse na realidade laboral do club sen ningunha complicación, onde
puideron completar a súa formación poñendo en práctica dende labores propios de
xestión, coa organización de torneos de base ou a colaboración na Copa de España
de Fútbol Sala Feminino, ata a participación no día a día dos adestramentos da
escola nas diferentes categorías”.

Exit mobile version