Site icon Crónica3.com A Mariña

Ambientazo para gozar do mellor fútbol sala nacional na XVII Copa de España Burela 2011

Nota de prensa

*AMBIENTAZO PARA GOZAR DO MELLOR FÚTBOL SALA NACIONAL NA XVII COPA DE ESPAÑA
BURELA 2011*

**

A primeira xornada da XVII Copa de España Burela FS comezou cun grande ambiente
dentro e fóra da pista. Os equipos, os mellores da División de Honra, non
defraudaron e a bancada (máis de 700 afeccionados), como non podía ser doutro
xeito en Vista Alegre, vibrou co espectáculo futbolístico.

O campión da liga 2010-11 abriu a xornada de cuartos ante o Natudelia.com
Zaragoza, ao que se impuxo por 4-2; as galegas dominaron en finalización ante as
aragonesas, que deixaron unha digna imaxe e contaron con ocasións que mantiveron
o encontro bastante equilibrado. Atlético de Madrid Navalcarnero e Rioja

Diamante pecharon a sesión matutina con victoria para as logroñesas (3-5).

Na primeira cita da tarde, o Móstoles conseguiu o pase ás semifinais fronte ao
Queralt Gironella por 3-1.

Exit mobile version