Site icon Crónica3.com A Mariña

As amas de casa de Foz agradecen a acollida da súa exposición

Nota de prensa:

Foz, 15 de xuño de 2011:
As Amas de Casa de Foz queren agradecerlles a súa presenza e que nos acompañedes neste día no que inauguramos despois dunha larga andadura dende 1978. E invitar os fecg@s a visitar as salas do Cenima para coñecer de cerca de nosa labor.
Toda a nosa labor o longo destes anos engloba diversidade de ámbitos….diversidade de manualidades…diversidade de charlas….de cursos,…viaxes nos que buscamos, non só unha xuntanza, senón que, un desfogo a vida diaria. Como ben redactaba D. Suso Fernández no ano 2003 para o 25 aniversario da Asociación “…nesta vila xurdíu o primeiro colectivo de mulleres que se organizaban co fin de atopar na solidariedade e na convivencia un canle axeitado para expresar as súas inquedanzas e para estar presentes, legalmente constituidas, na nova sociedade que nacía…”.
Pasaron moitas xentes, moitas mulleres, non só na directiva senón que tamén como participantes das actividades que se desenvolven na Asociación, e a todas elas agradecemos a súa tesón e a súa labor. Mención especial se cabe as mestras que con paciencia se dedicaron a impartir coñecementos e adquirilos…GRAZAS.
Así mesmo, dende as instalacións do Cenima quero darvos a gracias persoalmente e a título global do Concello de Foz por facernos participes do voso traballo e por nos elexir, despois de un largo parón como lugar de inicio para presentarnos o traballo feito día a día.
Esta exposición permanecerá nas Salas do Edifico Cenima dende o día 15 ata o 30 de xuño en horario de mañás e tardes de luns a sábado.

Exit mobile version