Site icon Crónica3.com A Mariña

Atletas do C.D. Egovarros-Viveiro lograron catro ouros no campionato galego de 5000 metros en ruta

Nota de prensa:
CATRO MEDALLAS DE OURO LOGRARON OS ATLETAS DO C.D.EGOVARROS-VIVEIRO NO PASADO

CAMPIONATO GALEGO DE 5000 METROS EN RUTA

O pasado domingo celebrouse na localidade de Maceda (Ourense), o Campionato de Galicia de 5000 metros en ruta para todas as categorías, estando representados a maioría dos clubes galegos. Os atletas participantes tiveron que dar cinco voltas a un percorrido de 1000 metros baixo unha elevada temperatura, o que provocou ter que facer un esforzo aínda maior.

Na categoría de veteráns os atletas do clube vivariense rendiron a un moi alto nivel acadando 4 medallas de ouro, no apartado feminino na categoría W-50 venceu Manuela Guisasola cun tempo de 23 min 12 s, na categoría masculina en M-35 Jose Angel López foi primeiro cun tempo de 17 min 10s, o seu compañeiro Antonio Hernández en M-65 venceu cun tempo de 21 min e 26 s, e Jesús Bernal en M-60 gañou con 24 min 12s.

Exit mobile version