Site icon Crónica3.com A Mariña

David Cal visitou os alumnos do Ceip de Cervo

Nota de prensa

DAVID CAL VISITA AOS ALUMNOS DO CEIP DE CERVO

*Cervo, 20 de xuño de 2011.- *Ao igual que fixera o pasado venres no IES Marqués
de Sargadelos, o piragüista e medallista galego, David Cal, visitou este
mediodía aos alumnos de ensino infantil do CEIP de Cervo para manter unha
conversa cos rapaces aproveitando un pequeno parón na súa preparación de cara
aos Xogos Olímpicos de Londres 2012 que está a desenvolver por segundo ano
consecutivo no embalse neste municipio.

Nesta ocasión o palísta cangués estivo acompañado polos concelleiros do Grupo de
Goberno Yolanda Pedreira, José Ramón Soto e Tania Fernández; responsables de
Educación, Deportes e Cultura respectivamente, ademais do equipo directivo do
centro e do seu adestrador.

Do mesmo xeito que acontecera cos alumnos de ensino secundario, os pequenos do
colexio de Cervo tamén se interesaron polos detalles da preparación diaria dun
deportista de elite como é Cal; pero ademais, os pequenos tamén se atreveron a
facerlle outro tipo de preguntas máis persoais ao campión olímpico galego como
si vai ou non a misa, ou en que colexio estudou de pequeno.

O encontro rematou cunha sesión de autógrafos por parte de Cal a todos os nenos.

Exit mobile version