Site icon Crónica3.com A Mariña

Dezaseis socorristas traballarán nas parias de Ribadeo

Nota de prensa:
DEZASEIS SOCORRISTAS COMEZARÁN MAÑÁ A TRABALLAR NAS PRAIAS DE RIBADEO. UN ANO MÁIS AS CATEDRAIS CONTARÁ CUN PUNTO DE INFORMACIÓN TURÍSTICA, SEGUNDO ANUNCIOU FERNANDO SUÁREZ.

Ribadeo, 30 de xuño de 2011. Dezaséis socorristas comezarán mañá a traballar nas praias de Ribadeo. Un ano máis As Catedrais contará cun punto de información turística que será atendido por tres persoas, segundo anunciaba hoxe o alcalde, Fernando Suárez.

O rexedor sinalou que “a un día de que empece a tempada alta, de que empece o mes de xullo tanto en materia de socorrismo como en limpeza de praias ou en información turística Ribadeo estará, como se merece, á altura das circunstancias. E iso a pesares de que nos últimos tempos houbo certa polémica coa bandeira azul, pero eu o que quero é convidar a todo o mundo a que veña a Ribadeo porque en materia de socorrismo e salvamento contaremos con 16 socorristas. Hoxe mesmo terei unha charla con eles para indicarlles da importancia de que non voltemos a ser noticia porque algún poida estar tomando o sol en lugar de estar atendendo ao seu traballo. Deses 16 socorristas, solamente 10 son contratados grazas a unha subvención da Xunta e outros 6 con fondos propios. Estes rapaces traballarán nas praias de As Illas, Os Castros, Esteiro e As Catedrais”.

Suárez Barcia dixo que “despois contaremos cunha serie de persoal, grazas a un convenio que temos asinado coa Deputación Provincial de Lugo, que nos axudarán a manter en estado impecable a praia das Catedrais no que ten que ver cos servizos, limpándoos pola mañá e pola tarde para telos en perfecto estado de revista. E logo tamén unha iniciativa que segue a ser novidosa na zona porque en moi poucos concellos existe que é que, a parte da información que poidamos dar na oficina de turismo, tamén no punto de información turística que se colocará nas Catedrais haberá tres persoas contratadas durante o verán para que dean información aos nosos visitantes en varios idiomas da nosa praia máis importante, do noso concello, da nosa comarca e do noso país”.

O alcalde engadiu que “a partires de mañá no que a vixianza e á limpeza se refire Ribadeo estará ao nivel que se merece, que é co maior do cuidado o cos maiores esmeros por parte dos traballadores municipais e dos membros do equipo de goberno do Concello de Ribadeo”.

Exit mobile version