Site icon Crónica3.com A Mariña

E agora quen serán os deputados provinciais?

Producións Mariñans Asociadas invítalles a estar atentos aos próximos e decisivos capítulos da serie de máis éxito da última tempada política¡ Amor, simples aventurillas, desamor, divorcios, traizón, celos, vinganza, dobres parellas, tríos e demais combinacións posibles…¡
O sábado, en Pactos a Gogó, constituironse os 15 concellos mariñans¡ Caben mais posibilidades de leala? Atentos ás múltiples e variadas posibles xogadas¡
Poderá soportar alguns que lle saquen a el e ao seu partido das principais institucións ? Non, non saquen conclusións precipitadas e continúen atentos ás súas pantallas.
Enemistaráse o BNG de Ribadeo coas forzas vivas  Facendo un Plan Xeral de Ordenación Urbana sin concesions a construtores e donos de posibles solares, ahora que ten mayoría absoluta? Poderá  o novo alcalde de Foz  sostela e non emendala con un goberno en ampla minoria moito tempo, e que pasara con o Plan Xeral, el que tanto ten que ver con a construcción e os constructores? Aguantará á sombra  de Cancio ou tratará de brillar con luz propia? Como se lle quedará a cara a Cesar Ala, Candia e outros  cando se vexa na oposición aínda sendo a candidata máis votada? Esquecerán algún día que non pacta nadie con eles, e o porque do asunto? Hai algunha posibilidade de que ambos se reconcilien pero ¿ Cantos no seu partido responsabilizaranos do penoso resultado en Viveiro …el que como no corrido mexicano “Se creia el rey de todo el mundo”
Pero hai máis. A Diputación de Lugo e o posto de Diputado, tan sabroson, tan lucido e tan pagado, os mentideiros rumorean que no PSOE quere repitir Melchor Roel que repetiria tamen Comision de Goberno e area. ¿E o outro? Pois as papelas tenas Llano a exalcalde de Burela, pero os de A Pontenova, que son os unicos con mayoría absoluta na Mariña poderian pedir un diputado tamen. No BNG, que non se enteran de casi nada repiten diputado a pesar dos nefastos resultados que tivo en Barreiros. Tamen, por o mismo Ribadeo poderia obtar a un diputado, ou MNondoñedo.
E no PP? Pois falase de os alcaldes de O Barqueiro ou de Xove,  e na parte oriental  poderia ser alguen de Burela ou Lourenza.
Precaución: non levantarse nin ao baño nin á cociña. Están advertidos¡ Permanezan atentos ás pantallas¡ En calquera momento pode saltar unha noticia e pór a lume vivo os próximos capítulos dos alcaldes de A Mariña de Lugo.
Otero Regal

Exit mobile version