Site icon Crónica3.com A Mariña

Festa da sardiña en Foz organizada pola asociación de comerciantes

Nota de prensa:
FOZ ACOLLE MAÑÁ E PASADO A FESTA DA SARDIÑA QUE ORGANIZA A ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES, INDUSTRIAIS E AUTÓNOMOS.

Foz, 23 de xuño de 2011. Foz acollerá o venres e o sábado a festa da sardiña que organiza a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos. Unha treintena de mesóns, bares e restaurantes servirán sardiñas durante estes dous días. O prezo márcano os locais non seus establecementos.

Os establecementos que se dan cita nesta festa da sardiña son: A Maseira, A Quinta, A Bolera, A Dala, Acuario, O Amanecer, O Taco, Dallas, May-Ros, Xoyma, Anduriña, Costumes do Mar, El Rincón de Anita, Fina, O Fogar do Pelolo, Portovello, Express-Café, O Norte, Leytón, O Tangarte, A Ribeira, Namarinos, pizzería Xoiña, A Caracola, As Brasas, Dandy, O Mar, O Lar e A Terriña.

Ademáis a Asociación de Comerciantes de Foz está levando adiante a campaña de promoción da tarxeta de fidelización do comercio da vila O comercio fai pobo, compra na túa vila. A ACIA agarda conseguir a alta de 3.000 tarxetas en tres meses. Dita tarxeta de fidelización permitirálles aos clientes importantes descontos nas súas compras, así como participar nas diferentes campañas de promoción que se realizarán ao longo de todo o ano.

Exit mobile version