Site icon Crónica3.com A Mariña

Intercambio entre a Escola de Música e Danza de Ribadeo e o Centro Profesional de Música de Fingoi

Nota de prensa:

A ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA E DANZA DE RIBADEO E MÁIS O CENTRO PROFESIONAL DE MÚSICA DE FINGOI REALIZAN UN INTERCAMBIO ACADÉMICO.

Ribadeo, 2 de xuño de 2011. A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo e máis o Centro Profesional de Música de Fingoi materializan este venres, 3 de xuño, ás 20.00 horas no Cine-Teatro, cun concerto un intercambio entre ambos os dous centros educativos. Esta actividade completarase cunha viaxe, para posterior actuación, de alumnado da EMMeD de Ribadeo a Lugo o vindeiro sábado, 11 de xuño.

No concerto de mañá participará unha agrupación mixta, integrada por nenas e nenos dos dous centros, cun plantel de 24 violíns, 3 violoncellos e máis un contrabaixo. Xuntos interpretarán as dúas obras que compoñen o programa: a Suite Don Quixote, de G.P. Telemann, e máis a Sinfonía dos Xoguetes, de Haydn.

Tanto para un centro como para o outro trátase “dunha actividade moi importante

que nace con vocación de continuidade no futuro e coa vontade de abrir vías de

colaboración para outros proxectos conxuntos. É unha actividade moi importante

para as alumnas e alumnos pois aprenderán a compartir escenarios con outras

mozas e mozos e achegaranse a outros xeitos de dirixir ou de traballar as obras

antes da actuación”, sinalou Hugo García, director da EMMeD de Ribadeo. O programa está especialmente pensado para o público infantil.

Exit mobile version