Site icon Crónica3.com A Mariña

Lourenzá abre o prazo para solicitar permiso para as fogueiras de San Xoán

Nota de prensa:
Delegación de Medio Rural

Das cales se teñen que facer responsables os propios solicitantes.

ABERTO O PRAZO PARA AS SOLICITUDES DE PERMISO PARA FACER A TRADICIONAIS FOGUEIRAS DE SAN XOAN E A DE SAN PEDRO

Dando conformidade ao disposto no art. 37 da Lei 3/2007, do 9 de Abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (D.O.G. nº 74, do 17 de abril), e o artigo 12 do Decreto 105/2006, do 22 de xuño, polo que se regulan medidas relativas á prevención de incendios forestais.

Os organizadores da fogueira deben vixiar as cinzas unha vez apagada a mesma non podendo abandoar o lugar ata que estas estean totalmente apagadas.

Lourenzá, 16 de xuño do 2011.- A Concelleira de Rural de Lourenzá comunica aos veciños a través dun bando da necesidade de solicitar nas oficinas municiapais durante a mañá e durante a tarde na Biblioteca pública o permiso para poder realizar as tradicionais fogueiras de San Xoan e de San Pedro.

Segundo o art. 37 da Lei 3/2007, do 9 de Abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e o artigo 12 do Decreto 105/2006, do 22 de xuño, polo que se regulan medidas relativas á prevención de incendios forestais os interesados en facer unha fogueira na noite de San Xoan ou na noite de San Pedro deberán cursar a oportuna solicitude ante o Concello.

As solicitudes deberán realizarse antes do 22 de xuño para as de San Xoan e no caso das de San Pedro antes do 25.

Nestas fogueiras non se poden queimar rodas, plásticos nin materiais inflamables, tampouco deben estar cerca de tendidos eléctricos, edificios ou lugares peligrosos, asi mesmo tampouco se poden facer en suelo alquitranado.

Os interesados deben cubrir un impreso que facilita o concello ao cal ten que resolver favorablemente o Concello e posteriormente comunicar ó servizo Provincial de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais, da Consellería do Medio Rural coa antelación debidamente establecida.

Os organizadores da fogueira serán responsables dos danos que poideran ocasionar e o Concello non asume as responsabilidades civís, penais, patrimoniais ou de calquera outra natureza que poideran derivarse da citada actividade, estando obrigado o organizador ao finalizar a fogueira, e antes de abandonar o lugar, a coidarár que as cinzas queden totalmente apagadas.

Exit mobile version