Site icon Crónica3.com A Mariña

Marosa Jazz Project é finalista no I Concurso de jazz de Castropol

Nota de prensa:
Marosa Jazz Project, convidada ao VII Festival de Jazz de Vigo e finalista no I Concurso de Jazz de Castropol

Marosa Jazz Project está dobremente de noraboa. O cuarteto de latin-jazz burelés, liderado polo vibrafonista de jazz e compositor do recentemente estreado pasodobre Burela, Israel Arranz, participará os días 20 e 22 de Xuño no VII Festival de Jazz de Vigo, compartindo programa con artistas da talla de Avishai Cohen, Nils Petter Molvaer ou John Taylor.

Ademáis, a agrupación foi unha das oito finalistas seleccionadas do I Concurso de Jazz de Castropol para participar no I Festival de Jazz de Castropol que se celebrará en Xullo de 2011.

Marosa Jazz Project está formada por Roberto Bouça (saxo alto), Israel Arranz (vibráfono), Mario Arranz (baixo eléctrico) e Eusebio López (batería)

Exit mobile version