Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela e o edil de Urbanismo descoñecen a situación do PXOM e reunirase cos redactores

NOTA DE PRENSA

O ALCALDE E O CONCELLEIRO DE URBANISMO MANTERÁN A VINDEIRA SEMANA UN ENCONTRO CO EQUIPO REDACTOR DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL.
Burela, 22 de xuño de 2011. O alcalde de Burela, José Mª González Barcia, o concelleiro de Urbanismo, Manuel Fernández, e o técnico municipal manterán un encontro o vindeiro martes 28 de xuño co equipo redactor do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Será no Concello.
O rexedor explicou que “queremos coñecer cómo se atopa a elaboración deste documento, queremos saber cómo está todo porque nós non estabamos a recibir información ao respecto por parte do anterior equipo de goberno”.

Exit mobile version