Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela espera unhas festas concorridas ao coincidir coa Copa de España de fútbol sala feminino

Nota de prensa:

LLANO CONSIDERA QUE AS FESTAS PATRONAIS DE BURELA SERÁN MOI CONCURRIDAS NESTE 2011 AO COINCIDIR ESTA FIN DE SEMANA COA COPA DE ESPAÑA DE FÚTBOL SALA FEMININO E COA XUNTANZA DO APOSTOLADO DO MAR. O ALCALDE DESÉXALLES A VECIÑOS E VISITANTES QUE DISFRUTEN DESTA CITA.

Burela, 2 de xuño de 2011. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, considera que as festas patronais deste 2011 serán moi concurridas ao coincidir coa Copa de España de Fútbol Sala feminino e coa xuntanza do Apostolado do Mar. O rexedor deséxalles a veciños e visitantes que disfruten desta cita festiva.

Llano sinalou que “as festas de Burela este ano van ser moi concurridas porque coincidirán coa edición número dezasete da Copa de España de Fútbol Sala feminino, que tamén da comezo mañá e rematará o vindeiro domingo coa final ás 18:30 horas, un acto que será un atractivo e traerá a moita xente a Burela que aproveitará para disfrutar do deporte e das festas. Tamén mañá venres teremos na nosa vila aos participantes no Apostolado do Mar, que son entre 70 e 80 sacerdotes que visitarán o recinto portuario e que participarán tamén en conferencias e cenarán en Burela”.

O alcalde burelés dixo que “as festas de Burela son unha ocasión moi bonita para compartir con todos os veciños, con todos os familiares, con todos os amigos… participar nelas de xeito colectivo pola rúa, ver cómo se fai a alfombra floral, disfrutar tamén da procesión marítima, que sempre é unha maravilla. É unha das primeiras festas que se fan aquí na comarca, que serve para despedir aos mariñeiros que van participar na costeira do bonito. Desexámolles todos os veciños moita sorte para que sexa unha campaña interesante tanto no traballo, como nas capturas, como nos prezos. Estas festas son moi valoradas nese sentido”.

Alfredo Llano lembrou que “en Burela sempre estamos cos brazos abertos para recibir á xente que nos veña a visitar. Os que se acheguen estes días terán unha ocasión moi boa para coñecer Burela e as súas xentes, tantos os chegados desde Asturias, desde os concellos limítrofes como desde outros puntos da provincia de Lugo. Aquí os agardamos para compartir e que leven un bó recordo noso e que volten cando queiras, así teremos un vínculo especial con moita xente que se achega aquí á nosa vila”.

O rexedor transmítelles “a todos os meus veciños que disfruten destas festas, porque son moi merecidas despois de todo un ano de traballo, que participen nelas, que as vexan con optimismo e que con amigos, veciños e familiares poidan disfrutar delas e ter un bó recordo das mesmas. Deséxolles aos meus veciños o mellor en todos os aspectos”.

Exit mobile version