Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela felicita a comisión das festas que foron unhas das máis concorridas

Nota de prensa

ALFREDO LLANO FAI UN BALANCE MOI POSITIVO DAS FESTAS PATRONAIS. O REXEDOR DI QUE FORON UNHAS DAS MÁIS CONCURRIDAS DOS ÚLTIMOS ANOS E FELICITA AOS ORGANIZADORES.

Burela, 7 de xuño de 2011. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, fai un balance moi positivo das festas patronais que chegaron hoxe ao seu fin coa ofrenda floral aos náufragos no porto. O rexedor di que foron unhas das máis concurridas dos últimos anos e felicita aos organizadores.

Llano sinalou que “a xente encheu Burela, tanto o venres coma o sábado e o domingo. Paralelamente ás festas houbo dous acontecementos que tamén trouxeron moita xente á nosa vila, a Copa de España de Fútbo Sala Feminino fixo que aquí chegasen as participantes, os seus familiares, seguidores, etc, de tal xeito que só eles casi complentaron as prazas hoteleiras de Burela, a parte de todo o que se move coas nosas festas. E despois o venres tamén tivemos aquí o Apostolado do Mar que tamén congregou a moita xente pola tarde na zona portuaria”.

O alcalde en funcións de Burela contou que “o sábado houbo centos de persoas na baixa da Virxe do Carme ao porto, era impresionante ver a cantidade de xente congregada nas diferentes rúas polas que pasou a procesión. Chamaba a atención a cantidade de xente que se achegou despois á festa e a que circulaba polas rúas da vila, incluso era difícil atopar un lugar no que poder aparcar os coches. O domingo tamén tivemos a procesión marítima na que se deron cita centos de persoas, o tempo axudou excepto na xornada de onte, día do pobo, que choveu un pouco e deslucíuse a procesión desde o porto ata a igrexa, que non puido subir”.

Alfredo Llano subliñou que “o balance é moi positivo tanto pola organización, como pola asistencia e colaboración veciñal e tamén polo alto nivel artístico. A alfombra floral foi unha maravilla este ano, os veciños fixeron preto dun kilómetro de alfombra e os actos relixiosos tamén contaron con moita afluencia. Burela e noso concello foron coñecidos por toda España estes días gracias a todos os acontecimentos que aquí se celebraron”. O rexedor feliciu “aos organizadores, a toda á xente de Burela que participou nas festas. Agora xa agardando para as do vindeiro ano e que todo vaia ben”.

Exit mobile version