Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Foz e o ciclo superior de hostalería

O ALCALDE DE FOZ E O CICLO SUPERIOR DE HOSTALERÍA

Ante de nada debo dicir que me alegro moito de que se siga a ofertar o ciclo superior de Hostalería no IES de Foz. Si non fose así sería unha inxustiza mais que habería que sumar as moitas xa feitas no noso Concello.
O motivo desta carta é que no Progreso do día 17-06-2011 lin o seguinte comentario:
En el encuentro Castiñeira tuvo palabras de agradecimiento hacia Raquel Arias «e tamén para o conselleiro de Educación Xesús Vázquez por seren os que se encargaron de que finalmente o IES de Foz conservase o curso de hostalería», indicó.
El propio regidor se mostró molesto con la campaña de movilización llevada a cabo contra la Xunta «xa que cando a min se me presentou o problema pedín tres días para solucionalo e o mesmo día que sae publigado no diario oficial que si vai haber curso se producisen estas movilizacións», señaló Castiñeira.
Pois ben, a estas declaracións recollidas no Progreso quero facerlles os seguintes comentarios:
– O Alcalde de Foz non ten nada que agradecerlle a Raquel Arias nin o Conselleiro por manter un servizo que xa tiñamos. Iso é o normal. O anormal, a cacicada e a inxustiza sería suprimir o ciclo sen saber o número de matriculados que podería haber. Por tanto a Raquel Arias e ao Conselleiro, o Alcalde o que lles tería que transmitir sería unha queixa e o seu descontento e o de todo o pobo.
– O Alcalde de Foz non ten que estar descontento co mobilización que tivo lugar. Todo o contrario, tería que estar moi agradecido aos que se mobilizaron na defensa dos intereses e dereitos de Foz.

Parece ser que o Alcalde de Foz aínda non sabe ben cal e o seu cometido. Quizais por o pouco tempo que leva, aínda non se deu conta de que o seu labor non é defender os intereses do PP, nin da Xunta, senón os do Concello de Foz e os dos seus veciños.
Espero que axiña se dea conta, senón alguén llo terá que recordar.

O Fareiro de Foz

Exit mobile version