Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Foz fai balance das iniciativas que deixa en marcha e queixase do trato da Xunta

Nota de prensa

O Alcalde do Concello de Foz, José Mª García Rivera, estivo estes últimos días da lexislatura ocupado en rematar ou deixar adxudicadas e encauzadas unha serie de obras, traballos e xestións sociais, cara a que non exista ningún problema para que as cousas se faigan como é debido, así podemos describir as seguintes xestións:

Adxudicáronse as tres illas de contenedores soterrados, que van instaladas en Alvaro Cunqueiro, Avda. da Mariña e Avda. de Sarria, á empresa Construccións Naray cun importe de contrata de 120.364,05 €, e o prazo de execución da mesma é de 3 meses.

Contratouse  á empresa Soluciones y Equipamientos de Oficina, S.L., o acondicionamento de salas de exposición e cafetería no CENIMA e instalación de SPA na Pisicina Municipal, o importe do contrata é de 120.092,58 €. Prazo de execución: 4 meses, nestes momentos estanse a realizar as obras.

Fixéronse todos os trámites necesarios para enviar a Deputación Provincial, que nestes momentos está en fase de contratación, a 2ª Fase da Avda. da Mariña, dende Xan Montes  – esquina Longarela, ata Avda. Cervantes  – confluencia con Cafetería Xoima, obra importante para canalización das augas pluviais, modificación do saneamento e pavimentación da rúa, cun presuposto de 160.519,16 €.

Estanse colocando os contadores por parte da empresa Barras Eléctricas para poder realizar o bombeo que dará servizo de auga a todo o barrio da Hermida, na parroquia de San Martiño, o bombeo realízase dende a parroquia de Sta. Cilla ata o depósito situado por riba da antiga escola do barrio da Hermida, esta obra foi realizada en diversas fases e o coste da mesma superou os 400.000 €, pero era unha obriga deste Concello conectar o barrio da Hermida coa auga municipal, pois era o único barrio do noso municipio que non contaba con este servizo tan importante.

Estanse a colocar nas estradas da Deputación Provincial, seis novas marquesiñas, que foron solicitadas pola Alcaldía de Foz ao Presidente da Deputación, para que os escolares do noso municipio, teñan lugares para resgardarse ante a inclemencia do tempo, a maiores estes recunchos tamén son utilizados polas persoas maiores do noso medio rural, para o seu parlamento diario.

Estase a traballar na recuperación viaria municipal mediante dobres tratamentos en zonas do término municipal, que se encontran deterioradas e que merecen a nosa atención, o montante de gasto para estas reparacións supera os 100.000 €.

Contratouse a roza de todo o municipio de Foz, incluindo vias locais, vías provinciais e camiños, o presuposto de contrata é de 40.000 €, subvencionando o 75% do mesmo a Xunta de Galicia a través da Consellería do Medio Rural e a Deputación Provincial, o restante con fondos propios do Concello de Foz, que a maiores tamén pola súa conta incrementa os traballos aportando un tractor desbrozador e un operario.

O próximo sábado día 4, o Patronato do Asilo manterá unha reunión nas dependencias do mesmo, o motivo da reunión é que a Deputación Provincial asinou un convenio có Alcalde do Concello de Foz donde aporta a Deputación 35.000 € para a xestión do 2011 da Residencia Asilo, a Xunta de Goberno Local en sesión celebrada aceptou dita subvención, e oficiou ao Patronato para que presente os xustificantes do desfase da Residencia Asilo de 2011 para proceder ao seu pagamento. Na mesma xuntanza se vai a decidir tamén por parte do Patronato en que se van a invertir outros 5.000 € concedidos pola Deputación Provincial, para obras de urxencia no edificio da propia Residencia Asilo.

O Concello de Foz tamén recibeu outra comunicación da Deputación Provincial, e o propio Alcalde e o Presidente da Deputación se comprometen nun convenio suscrito, a que a Deputación Provincial aporta preto de 20.000 € que van destinados á potenciación do Centro de Interpretación da Mariña de Lugo (CENIMA) e á colaboración coa Asociación de Comerciantes Local, mediante a firma dun protocolo donde o Concello de Foz lle concede á ACIA 7.000 € para o proxecto que esta Asociación está levando a cabo referido á organización e consolidación do Comercio Local mediante fórmulas de expansión do noso comercio.

Finalmente decir que o equipo de goberno do Concello de Foz sigue traballando na selección de persoal para salvamento e socorrismo nas nosas praias, que con toda seguridade estarán listos para emprender o seu traballo o próximo 15 de xuño, como todos os anos, a maiores estamos a asinar un convenio con Protección Civil para a contratación de 10 socorristas que sumados aos 11 que contrata o Concello, serían 21 socorristas e 3 auxiliares de clínica para a atención dos nosos arenais.

Donde non está contento o Alcalde de Foz, é na discriminación en toda regla realizada pola Super Delegada da Xunta de Galicia, Raquel Arias, que deixou ao Concello da Mariña de Lugo con máis galardóns da provincia para as súas praias e os sendeiros azuis, concedidos pola Unión Europea, nun número de 8 galardóns, algo que fai historia na nosa provincia, e esta Señora concédenos unha persoa para a limpeza de praias, sendeiros e areas recreativas, parece máis ben un insulto aos cidadáns e cidadanas de Foz,

cando outros anos nos concedían có goberno bipartido, 32 persoas máis das que nos concede esta Super Delegada da Xunta de Galicia.

O Alcalde manifesta que a miña persoa cumpreu perfectamente con este municipio e sendo leal ás miñas conviccións, quedan en marcha todos os traballos necesarios para que a cidadanía disfrute dun bo verán no noso municipio.

Exit mobile version