Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela FS xa ten en marcha o V Campus Mixto Internacional de Fútbol Sala Base

Nota de prensa

*O BURELA FS PON EN MARCHA A QUINTA EDICIÓN DO CAMPUS MIXTO INTERNACIONAL DE
BASE (13-16 XULLO)*

**

O Burela FS xa ten en marcha o V Campus Mixto Internacional de Fútbol Sala Base,
a cita futboleira do verán, que terá lugar entre o *13 e o 16 de xullo* e na que
a entidade laranxa volverá reunir os mellores especialistas nacionais e
internacionais na materia.

Todos aqueles/as rapaces/as de entre *_7 e 14 anos_* que queiran gozar deste
deporte con xogadores e técnicos de renome poderán reservar a súa praza a partir
do *_luns 13 de xuño_*. A folla de matrícula estará á disposición das persoas
interesadas nas oficinas do club (avda. Arcadio Pardiñas, número 97) ou a través
de www.burelafs.org/campus/. O prazo estará aberto ata o mércores 7 de xullo.

*Tarifas.*O prezo da matrícula para o *_alumnado das ED EON Burela FS e dos
clubs vinculados á entidade laranxa por convenios será de 40 euros _*e para *_o
resto de 55_*. Aqueles/as alumnos/as que o desexen tamén poderán escoller entre
un *_réxime de media pensión (35 euros máis)_* e un de *_pensión completa (80
euros máis)_*.

Nos próximos días o club burelista pechará a súa lista de convidados/as para o V
Campus Mixto Internacional e ofrecerá información máis detallada.

En 2010, a cita laranxa contou coa presenza do seleccionador de Tailandia, José
Mª. Méndez, Pulpis; os adestradores Paulo Eduardo de Jesús Pinho, Padú, e Juan
Miguel García, Juanito; o ex–gardameta do Azkar Antonio Lodeiro Pazos, Toni, e o
transportista Iago Míguez. Tamén pasaron por Burela Venancio López,
seleccionador de España; Eduardo Sao-Thiago Lentz, Duda, adestrador de ElPozo
Murcia; Bruno García; técnico do Azkar Lugo e seleccionador de Galicia; María
Varela Bardanca, seleccionadora de Galicia Femenina; o ex-internacional Javier
Orol… Ademais dos corpos técnicos e cadros masculinos e femininos da entidade
mariñá.

Por outra banda, na copa nacional xuvenil Burela FS 7 -5 Cidade de Ourense (partido de vuelta)

Exit mobile version