Site icon Crónica3.com A Mariña

O CD Burela FS pechou negociacións para o regreso de Vanessa Pereira ao UnoChapecó brasileiro

Nota de prensa

*O CD BURELA FS PECHA O REGRESO DE VANESSA AO CHAPECÓ*

**

O CD Burela FS pechou negociacións para o regreso de Vanessa Pereira ao seu club
de procedencia, o UnoChapecó brasileiro, cumprindo unha cláusula contractual. A
ala zurda, de 23 anos, puxo rumbo onte ao seu país para incorporarse á liga
canarinha.

A xogadora chegou ás filas laranxas en decembro de 2010, tras proclamarse
campioa coa selección canarinha no I Torneo Mundial de Fútbol Sala Feminino
(Madrid, 6-11 decembro), xunto á gardameta burelista Jozi. Finalizou a tempada
2010-11 coa camiseta laranxa sendo a terceira máxima goleadora, con 18 goles,
por detrás de Lucía e Ro, con 25. Na Copa de España Burela 2011, a brasileira
foi a máxima anotadora laranxa, con dous tantos.

Dende as filas burelistas, deséxaselle todo o mellor a unha xogadora prodixiosa
que desprende calidade para que continúe recollendo éxitos na súa nova andaina.

Exit mobile version